Galiza Ano Cero

televisión dixital galega

Galiza Ano Cero é unha canle de televisión dixital galega que comezou as súas emisións en outubro de 2013.

Galiza Ano Cero
Inicio das emisións outubro de 2013
País Galicia Galicia
Lingua Galego
Área de emisión Galicia
Dispoñibilidade
Terrestre
TDT

Estrutura editar

Galiza Ano Cero é unha televisión de contido cultural e político de emisión regular e esporádica: en 2013, cando comezou as súas emisións, emitía unicamente programas novos o xoves. Ideoloxicamente defínense como "de abaixo á esquerda", e os seus contidos son fundamentalmente debates e entrevistas.

Os seus responsables están constituídos nunha asociación cultural, e o financiamento inicial proveu dunha campaña de crowdfunding. Unha das súas caras visibles é o xornalista Iago Martínez.