Centro Gallego
Centro Gallego foi unha revista que se editou en Montevideo entre 1917 e 1931.
Centro Gallego | |
---|---|
País | Uruguai |
Lingua | lingua castelá |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Órgano de la Colectividad Gallega en Uruguay, apareceu o 12 de outubro de 1917. Despois pasou a denominarse Publicación mensual ilustrada. En 1925, co número 109, cambiou o título por Revista del Centro Gallego. En 1929 volveu cambiar o título por Galicia, cesando a súa publicación en 1931. Era o órgano do Centro Gallego de Montevideo. Entre os seus directores figurou Julio Sigüenza (números 164-166).
Publicou en 1929 un número extraordinario e conmemorativo do cincuentenario do Centro, e outros números extraordinarios en 1944, 1954 e 1979. Tamén en 1925 apareceu outro extraordinario coa cabeceira Centro Gallego con motivo da inauguración do Edificio Social.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Peña Saavedra, Vicente (dir.) (1998). Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. pp. 244–245. ISBN 84-87172-30-X.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Ficha de Centro Gallego no Repertorio da prensa da emigración galega do CCG.