A gaivina negra[2][3] ou carrán mouro[4] (Chlidonias niger) é unha pequena ave que se encontra xeralmente preto de zonas de augas interiores de Europa e Norteamérica, que foi clasificada na familia dos láridos (ou antes na dos estérnidos). Como o seu nome indica ten unha plumaxe predominantemente negra. Segundo como lle dea a luz pode parecer azul na estación reprodutora.[5] O nome do xénero procede do antigo grego khelidonios, 'similar á andoriña'.[6] O nome da especie procede do latín niger 'negro brillante'.[7]

Gaivina negra
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadiiformes
Familia: Laridae
Xénero: Chlidonias
Especie: Chlidonias niger
(Linnaeus, 1758)

Subespecies
  • C. n. niger(Linnaeus, 1758)
    de Eurasia
  • C. n. surinamensis(Gmelin, 1789)
    de Norteamérica
Sinonimia

Sterna nigra Linnaeus, 1758

Descrición editar

 
Imaxe composta sobre esta ave

Os adultos miden uns 25 cm de longo, cunha envergadura alar de 61 cm e un peso de 62 g. Teñen patas escuras curtas e un bico curto, negro e de aparencia débil, que mide 27 mm, case tan longo coma a cabeza. O bico é longo, delgado, e lixeiramente curvado. Teñen un dorso gris escuro, coa parte anterior das ás branco, cabeza negra, barriga e pescozo negros (ocasionalmente o pescozo cuberto de gris no adulto), pileo tamén negro ou marrón anegrado (coa mesma cor que as coberteiras dos oídos, formando unha caparuza case completa), e unha cola 'cadrada' gris amarronada clara. A face é branca. Ten unha gran mancha triangular escura diante dos ollos, e un colar branco ancho nos xuvenís. Presenta manchas marróns griseiras nos laterias do seu peito branco, unha prolongación cara a atrás da plumaxa das partes inferiores. Estas marcas varían en tamaño e non son moi destacadas. Na plumaxe non reprodutora a maioría da cor negra, quitando o píleo, é substituída por gris. A plumaxe da parte inferior é algo máis escura, con beiras das plumas claras. A mitra é gris amarronada.

A raza ou subespecie de Norteamérica, C. n. surinamensis, pode distinguirse da forma europea en todas as plumaxes e algúns considérana unha especie diferente.

Os batidos das ás son completos e dinámicos e o voo adoita ser errático.

A súa chamada foi descrita como un "kik" agudo; o son dunha bandada grande pode ser "enxordecedor".

Hibridación coa gaivina de á branca editar

A hibridación entre esta especie e a gaivina de á branca foi observada en Suecia[8] e os Países Baixos.[9] Crese que dous exemplares novos atopados en Chew Valley Lake, Inglaterra en setembro de 1978 e setembro de 1981, eran tamén híbridos, xa que presentaban unha mestura de caracteres das dúas especies, concretamente unha combinación de manto escuro (característico da gaivina de á branca) e de manchas escuras no lateral do peito (característica da gaivina negra).[10][11]

Distribución e hábitat editar

O seu hábitat reprodutor son as marismas de auga doce que se encontran na maior parte do Canadá, norte dos Estados Unidos e boa parte de Europa e oeste de Asia. Xeralmente nidifican en vexetación flotante das marismas ou no chan preto da auga. Poñen de 2 a 4 ovos.

As gaivinas negras norteamericanas migran ás costas do norte de Suramérica, algunhas polo mar aberto. Os exemplares do Vello Mundo invernan en África.

A diferenza dos carráns "brancos" do xénero Sterna, estas aves non se mergullan para capturar o peixe, senón que recollen alimento da superficie da auga ou preto da superficie e raramene se mergulla, ou capturan insectos en voo. Comen principalmente insectos, peixes e anfibios.

Aves errantes editar

A raza ou subespecie americana pode chegar errante a Europa, e hai varios rexistros dela en Gran Bretaña[12][13] e Irlanda.[14][15][16] A Galicia tamén chega, onde se considera unha ave escasa e de paso.[4]

Conservación editar

A poboación norteamericana diminuíu nos últimos anos debido á perda de hábitat.

É unha das especies ás que se lle aplica o Acordo sobre a Conservación de Aves Acuáticas Migratorias Africano-Eurasiático (AEWA).

Galería editar

Notas editar

  1. "Chlidonias niger". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013. 
  2. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  3. Gaivina negra (Chlidonias niger). Consellería de medioambiente. Xunta de Galicia.
  4. 4,0 4,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  5. Cocker, Mark and Mabey, Richard Birds Britannica Chatto and Windus London 2005 p.250
  6. Cocker and Mabey Birds Britannica p.250
  7. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 102, 270. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  8. (en sueco) Alexandersson, H. (1979) En hybridisering mellan vitvingad tärna Chlidonias leucopterus och svarttärna Chlidonias niger på Öland 1978 Calidris 8: 151-53
  9. (en neerlandés) Van IJzendoorn, E. J. (1980) Broedgeval van Zwarte Chlidonias niger × Witvleugelstern C. leucopterus Dutch Birding 2: 62-65
  10. Vinicombe, Keith (1980) Tern showing mixed characters of Black Tern and White-winged Black Tern British Birds 73(5): 223-25
  11. Davis, A. H. (1980) Tern showing mixed characters of Black and White-winged Black Tern British Birds 75(12): 579-80
  12. Andrews, Richard, Rupert Higgins and John Martin (1999) The American Black Tern in Avon Birding World 12(10): 416-18 (an account of the first British record)
  13. Andrews, R. M., R. J. Higgins and J. P. Martin (2006) American Black Tern at Weston-super-Mare: new to Britain British Birds 99(9): 450-59
  14. Adriaens, Peter (1999) The American Black Tern in County Dublin Birding World 12(9): 378-79
  15. Bradshaw, Colin (2003) The American Black Tern in County Kerry Birding World 16(10): 434
  16. Mullarney, Killian (2003) The American Black Tern in Co. Wexford Birding World 19(7): 279-82

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar