Gabriel Lezcano Rivarola, nado o 18 de marzo de 1946 en Coronel Martínez, é un exfutbolista paraguaio. Xogaba de centrocampista.

Modelo:BiografíaGabriel Lezcano
Nome orixinal(es) Gabriel Lezcano Rivarola Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de marzo de 1946 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Guairá, Paraguai Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1967 Editar o valor en Wikidata - 1979 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaParaguai Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1967–1967 Club Cerro Porteño
1967–1976   Celta de Vigo
1976–1978   Córdoba CF
1978–1979   CD Atlético Baleares

Traxectoria

editar

Chegou ao Celta de Vigo procedente de Paraguai na tempada de 1966–67 con 18 anos, militando no club olívico durante oito tempadas, ata o ano 1976.

Pese ao seu bo papel no Celta, tivo que saír pola porta de atrás despois dunha longa lesión, sendo reclamado por Ignacio Eizaguirre que xa o tiña adestrado no pasdo para xogar no Córdoba CF, retirándose definitivamente no Atlético Baleares. Na súa experiencia céltica gozou das meles da primeira clasificación do equipo para a copa da UEFA e as penas do descenso a Segunda División e posterior recuperación da máxima categoría.

Desde a súa retirada do fútbol asentouse en Vigo onde xa tiña a súa familia, adestrando nas categorías inferiores do club olívico.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar