GLIC
O receptor GLIC é unha canle iónica regulada por ligando da bacteria Gloeobacter. As siglas proceden do inglés Gloeobacter Ligand-gated Ion Channel. É un homólogo dos receptores de acetilcolina nicotínicos. É unha canle selectiva de catións (pasan a través dela ións positivos) regulada por protóns (a canle abre cando se une a ela un protón, ión H+
). Igual que os receptores de acetilcolina nicotínicos, é un oligómero pentámero funcional (a canle funciona como unha ensamblaxe de cinco subunidades). Porén, mentres que os seus homólogos eucariotas son heterooligómeros (as unidades ensambladas son diferentes), todas as bacterias coñecidas ata agora que expresan estas canles codifican unha soa unidade monómera, o que indica que o receptor GLIC é funcionalmente un homooligómero (con todas as subunidades idénticas).[1]
A semellanza na secuencia de aminoácidos cos canles iónicas reguladas por ligando (LGICs) eucariotas non está localizada en ningún dominio particular de estrutura terciaria, o que indica unha función dos receptores GLIC similar á dos seus equivalentes eucariotas. En calquera caso, a función de regular o limiar de excitación do potencial de acción na transmisión do sinal nervioso de organismos multicelulares non se pode trasladar a organismos unicelulares, o que fai que o propósito das canles iónicas reguladas por ligando bacterianas non sexa inmediatamente obvio.
Estrutura
editarA estrutura da canle aberta foi resolta por dous equipos independentes de investigadores en 2009[2][3] a valores de pH baixos de 4-4,6 (co receptor GLIC sendo regulado por protóns).
Notas
editar- ↑ Tasneem A, Iyer L, Jakobsson E, Aravind L (2004). "Identification of the prokaryotic ligand-gated ion channels and their implications for the mechanisms and origins of animal Cys-loop ion channels". Genome Biology 6 (1): R4. ISSN 1465-6906. PMC 549065. PMID 15642096. doi:10.1186/gb-2004-6-1-r4.
- ↑ Bocquet N, Nury H, Baaden M, Le Poupon C, Changeux JP, Delarue M, Corringer PJ (2009). "X-ray structure of a pentameric ligand-gated ion channel in an apparently open conformation". Nature 457 (7225): 111–114. Bibcode:2009Natur.457..111B. ISSN 0028-0836. PMID 18987633. doi:10.1038/nature07462.
- ↑ Hilf RJ, Dutzler R (2009). "Structure of a potentially open state of a proton-activated pentameric ligand-gated ion channel". Nature 457 (7225): 115–U122. Bibcode:2009Natur.457..115H. ISSN 0028-0836. PMID 18987630. doi:10.1038/nature07461.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |