Gúdar-Javalambre

comarca de Aragón, España, na provincia de Teruel

Gúdar-Javalambre é unha comarca de Aragón, en España, situada no sueste da provincia de Teruel. A súa capital é Mora de Rubielos.

Localización da comarca en Aragón.
Concellos da comarca.

MunicipiosEditar

A comarca engloba aos municipios de Abejuela, Albentosa, Alcalá de la Selva, Arcos de las Salinas, Cabra de Mora, Camarena de la Sierra, El Castellar, Formiche Alto, Fuentes de Rubielos, Gúdar, Linares de Mora, Manzanera, Mora de Rubielos, Mosqueruela, Nogueruelas, Olba, La Puebla de Valverde, Puertomingalvo, Rubielos de Mora, San Agustín, Sarrión, Torrijas, Valbona e Valdelinares.

XeografíaEditar

Limita ao norte co Maestrazgo e a Comunidade de Teruel, ao suroeste coa provincia de Cuenca, ao sur coa provincia de Valencia e ao leste coa provincia de Castelló. A comarca está dividida polo río Mijares en dúas serras, a serra de Javalambre e a Serra de Gúdar cuxas máximas alturas son 2.020 e 2.024 metros respectivamente. Dende o punto de vista ambiental ambas as dúas posúen zonas cunha importante biodiversidade e proporcionan auga á conca do Mijares e o Turia.

EconomíaEditar

Entre as súas infraestruturas destacan as súas dúas estacións de esquí: Valdelinares e Javalambre ambas as dúas do grupo Aramón. É unha bisbarra que vive do turismo durante todo o ano, en inverno por estas dúas estacións e en verán polo turismo termal e de interior grazas á súa proximidade á cidade de Valencia. Existen municipios monumentais como Rubielos de Mora premio Europa Nostra ao seu conxunto monumental, Mora de Rubielos ou Manzanera, tamén hai varios balnearios, zonas de acampada, lugares para as prácticas de moitos deportes etc. O turismo da zona vén principalmente da Comunidade Valenciana.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar