Río Millars

(Redirección desde «Río Mijares»)

O río Millars (en castelán: Mijares) é un río da Península Ibérica que nace na Serra de Gúdar no termo municipal de El Castellar (Teruel), da unión de diversos ríos a uns 1.600 m de altitude e que desemboca entre os termos de Almassora e Borriana, na provincia de Castelló, tras 156 km de percorrido.

Río Millars
PaísEspaña
Altitude800 msnm
Lonxitude156 km
Caudal medio14,72 m³/s
DesembocaduraMar Mediterráneo
O río Millars ó seu paso por Vila-real

Nacemento editar

O Millars nace en El Castellar, Teruel.

Afluentes editar

Preto do seu nacemento está tamén o do seu principal afluente o Valbona e o do tamén afluente Albentosa. Xa na Comunidade Valenciana os principais afluentes do Millars son: Maimona, Montán, o barranco de Paus, a rambla de la Viuda e o río Villahermosa en Vallat.

Réxime fluvial editar

 
O río Millars na zona do encoro de Sitjar, na vila de Ribesalbes.

O réxime do río é pluvial mediterráneo aínda que cun lixeiro matiz nival debido á altura á que nace. Iso provoca no curso baixo do río a existencia dun período de relativo caudal en febreiro e xuño, superados en outubro e notorios descensos en xaneiro e sobre todo agosto. O carácter mediterráneo do río provoca a existencia de monstruosas avenidas das cales as máis importantes foron a de 1922 cun máximo de 3000 m³/s e a de 1957 da que non se teñen estimacións debido a que destruíu os aforamentos.

Desembocadura editar

Na súa desembocadura forma unha marisma, Les Goles del Millars, alargada duns 90 metros de anchura, que se fai máis angosta na liña da costa polo avance dun cordón litoral desde o norte que a pecha parcialmente (40 metros).

Conca editar

A superficie da conca é de 4.028 km² e o caudal medio é de 14,72 m³/s, na localidade de Cirat.