Futurama: Bender's Big Score

filme de 2007 dirixido por Dwayne Carey-Hill

Futurama: Bender's Big Score é un filme de animación baseado na serie de televisión Futurama. Foi realizada nos Estados Unidos e estreada no 2007. É o primeiro dos catro filmes de Futurama que se estrearon no 2008 cos nomes de Futurama: The Beast with a Billion Backs, Futurama: Bender's Game e Futurama: Into the Wild Green Yonder.

Futurama: o gran tanto de Bender
Ficha técnica
Título orixinalFuturama: Bender's Big Score
DirectorDwayne Carey-Hill
ProdutorLee Supercinski
Claudia Katz
GuiónKen Keeler
David X. Cohen
Baseado enFuturama
IntérpretesBilly West
Katey Sagal
John DiMaggio
Tress MacNeille
Maurice LaMarche
Phil LaMarr
Lauren Tom
David Herman
Dawnn Lewis
Kath Soucie
Frank Welker
MúsicaChristopher Tyng
MontaxePaul D. Calder
EstudioThe Curiosity Company
20th Century Fox Animation
Distribuidora20th Century Fox Home Entertainment
Estrea2007
Duración89 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAnimación, Humor
Filme seguinteFuturama: The Beast with a Billion Backs
Na rede
IMDB: tt0471711 Filmaffinity: 182212 Allocine: 129927 Rottentomatoes: m/futurama_the_movie_benders_big_score Allmovie: v413018 TV.com: movies/futurama-benders-big-score Netlix: 70082044Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Primeira parte editar

O filme comeza cunha explicación baseada en xogos de palabras, contando que Planet Express (a serie) tiña cancelado o seu permiso polos "descerebrados" da Box Network (FOX) durante os dous últimos anos. O Profesor Farnsworth recibe unha chamada dicindo que os mesmos estúpidos imbéciles que cancelaron a empresa foron despedidos por incompetentes.

Despois da renovación, a tripulación de Planet Express celebra unha festa, durante a cal Hermes é decapitado por unha espada mal pendurada e o seu corpo é esmagado pola nave de Planet Express. É levado a urxencias, onde a súa cabeza é colocada nun tarro mentres o seu corpo é reparado. O home que coloca a cabeza no tarro, Lars Fillmore, simpatiza inmediatamente con Leela, para desgusto de Fry. Hermes é esquecido cando o Profesor Farnsworth anuncia unha misión ó planeta da praia nudista.

Segunda parte editar

Durante a entrega, cada un decide tomar un descanso. Como Fry xa entregou o paquete, Leela atopa unha tatuaxe de Bender sobre o seu traseiro, que Fry non coñecía. Máis tarde, un trío de cyber-estafadores nudistas percorre a praia pedindo direccións de correo electrónico, empregando pretextos sen sentido para que o equipo de Planet Express lles asine.

Ó volver á Terra, a tripulación atopa o seu correo cheo de spam, e todos caen en diversas fraudes, sendo Bender infectado por un virus. O Profesor fai un seminario contra o spam. Os cyber-estafadores enganan tamén ó Profesor a través dunha notificación, segundo a cal Fansworth é o gañador da Lotería Nacional Española. Porén, traspasou Planet Express ós estafadores, os cales reclaman o que é seu. O virus de Bender funciona facéndoo obedecer ós estafadores sen dubidar. Os estafadores converten a compañía no seu cuartel xeral e comezan a estafar ó planeta enteiro.

Terceira parte editar

Lars dille a Hermes que a reparación do seu corpo está atrasada debido a unha estafa ó museo para dar cartos á escola de fraudes, e pode levar meses e incluso anos reparalo. Hermes lamenta este feito, xa que a súa esposa quere volver co seu primeiro marido, Barbados Slim. Lars e Leela acordan unha cita, e comezan a namorarse, anoxando cada vez máis a Fry.

Os cyber-estafadores nudistas seguen buscando información empregando uns órganos que se enchen cando hai información cerca. Despois de romper a caixa forte do Profesor, céntranse no traseiro de Fry, que contén unha información de Nivel 87. No tatuaxe do cu de Fry descobren o segredo dos viaxes no tempo sen paradoxo en forma de código binario. Bender le o código e aparece a entidade que pode o non pode ser Deus enviando unha esfera verde á súa posición. Nibbler decide que ese é o momento para revelarse, explicando que empregar o código pode destruír o universo. Cando os estafadores rexeitan facerlle caso, unha escuadrilla de naves niblonianas atacan ós cyber-estafadores, os cales deféndense con cadeiras, derrotando ás naves.

Cuarta parte editar

Empregando o código de viaxe no tempo, os cyber-estafadores fan que Bender roube cada obxecto valioso da historia. Tamén fan que Bender roube o dispositivo da fin do mundo preferido do Profesor. Hermes, pídelle a Bender que viaxe no tempo e mate unha versión máis anterior del para conseguir un corpo de substitución. O Dr. Zoidberg cose a cabeza de Hermes ó seu novo corpo, pero faino coa cabeza cara a atrás. O Profesor, que analizou o código de viaxe no tempo, descobre que «o campo da sorte» é o que corrixe os paradoxos, asegurando que calquera ser duplicado como consecuencia dunha viaxe no tempo atopa o seu final tarde ou cedo.

Unha vez que os cyber-estafadores rouban todo o de valor da historia, deciden destruír o código de viaxe no tempo matando a Fry e borrando a memoria de Bender. Fry se fuga empregando o código de viaxes no tempo para ir ó día no que se conxelou. Bender é enviado ó pasado para matalo. Bender, mentres agarda a Fry, crea un duplicado del para ir ó baño. Outro Bender aparece para colocar o código de viaxe no tempo no traseiro de Fry. Finalmente, o duplicado de Bender atrapa a Fry xa que apareceu no pasado e tenta matalo, só que os seus sentimentos por Fry cáusanlle unha sobrecarga. Fry empúrrao a un crio-tubo antes de que estoure. Como o Bender orixinal estaba no baño, ve a Fry aínda vivo e trata de matalo, pero non é suficientemente rápido. Entón pasa 12 anos no século XXI perseguindo a Fry, e finalmente fai estourar a Pizzería Panucci cando Fry entra alí e considera o seu traballo feito.

Cando Bender volve cos cyber-estafadores para informar do éxito da misión, bórranlle as súas lembranzas, liberándoo do seu control. A tripulación do Planet Express fai un funeral en memoria de Fry, aparecendo el nese intre. Fry explica que tamén fixo un duplicado de si mesmo mentres o orixinal, se ocultou nun crio-tubo e volveu ó futuro. Nibbler, empregando un láser, destrúe a tatuaxe para impedir que os cyber-estafadores o volvan empregar.

Leela e Lars, deciden casar. Na voda, o corpo de Hermes é esmagado por unha lámpada de araña. Isto pon a Lars nervioso, e suspende a voda.

Finalmente, os cyber-estafadores logran enganar ó Presidente da Terra Richard Nixon para que lles venda a Terra, forzando a todos a evacuar a outros planetas. Para volver tomar o planeta, Leela monta unha frota coa axuda de Nixon e Santa Robot. A frota de Leela sae vitoriosa grazas ó cerebro burocrático de Hermes para organiza o ataque. Pero os cyber-estafadores teñen un derradeiro truco: o dispositivo da fin do mundo que Bender roubou. O que non saben é que Bender o ten no seu poder, xa que o roubara despois de que lle quitaran o virus. A tripulación de Planet Express dispara o dispositivo á nave dos cyber-estafadores, destruíndoa completamente.

De regreso na Terra, Fry tenta facer que Leela volva con Lars, xa que comprende que o que fai feliz a Leela e a el non é o mesmo. O líder dos cyber-estafadores nudistas alieníxenas reaparece explicando que sobreviviu debido a que levaba posta unha armadura do fin do mundo. Intenta matar a Fry, pero Lars sacrifícase para salvalo, e antes de morrer revela que el é a copia de Fry que sobreviviu ó ataque de Bender na Pizzería Panucci e que o lume da explosión queimou o seu cabelo e a súa larinxe o que deu orixe á voz grave e a que Lars sexa careco. Lars tamén explica que ó ser unha copia condenada suspendeu a voda.

Durante o funeral, Bender quita a tatuaxe do traseiro de Lars e viaxa ó pasado para poñerllo ó Fry conxelado (e así fai que todo o ocorrido teña xeito). Tras volver, Bender revela as súas propias copias agochadas, que crean unha fenda no universo, co cal da a entender que o universo vai ser destruído.

Personaxes editar

Actor Personaxe
Billy West Philip J. Fry
Professor Farnsworth
Dr. Zoidberg
Lars Fillmore
Voces adicionais
Katey Sagal Turanga Leela
John DiMaggio Bender Rodríguez
Robot Santa
Barbados Esvelto
Voces adicionais
Tress MacNeille Voces adicionais
Maurice LaMarche Schlump
Voces adicionais
Phil LaMarr Hermes Conrad
Ethan "Bubblegum" Tate
Voces adicionais
Lauren Tom Amy Wong
Voces adicionais
David Herman Nudar
Voces adicionais
Dawnn Lewis LaBarbara Conrad
Kath Soucie Cubert Farnsworth
Frank Welker Nibbler
Fleb
Voces adicionais
Coolio Kwanzaa-bot
Al Gore Al Gore
Mark Hamill Chanukah Zombie
Tom Kenny Yancy Fry, Jr.
Sarah Silverman Michelle

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar