Kath Soucie

actriz estadounidense

Katherine Soucie, nada o 18 de novembro de 1953 en Cleveland, Ohio, é unha actriz de voz estadounidense de cinema e televisión. É coñecida por interpretar a Linka en Captain Planet and the Planeteers, Lola Bunny en Space Jam e Space Jam: A New Legacy, Fifi La Fume e Li'l Sneezer en Tiny Toon Adventures, Bea en Mighty Max, a nai de Dexter en Dexter's Laboratory, Maddie Fenton en Danny Phantom, Phil, Lil e Betty DeVille en Rugrats, Princess Sally Acorn en Sonic the Hedgehog, Cadpig e Rolly en 101 Dalmatians: The Series, Kat Harvey en The Spooktacular New Adventures of Casper, Morgana Macawber en Darkwing Duck e Kanga na franquía de Winnie the Pooh.[1] Tamén é a voz de Tuffy Mouse en The Tom and Jerry Show e Perdita en 101 Dalmatians dende 101 Dalmatians II: Patch's London Adventure (2003).

Kath Soucie
Nome completoKatherine Elaine Soucie
Nacemento18 de novembro de 1953
LugarCleveland, Ohio, Estados Unidos de América Estados Unidos
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educada enAmerican Academy of Dramatic Arts
ProfesiónActriz
editar datos en Wikidata ]

NotasEditar

  1. Lawson, Tim; Persons, Alisa (2004). The Magic Behind the Voices: A Who's Who of Cartoon Voice Actors. University Press of Mississippi. pp. 301–304. ISBN 978-1-57806-696-4. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar