Funicular de Vallvidrera


O funicular de Vallvidrera é un funicular de Barcelona que une a parte alta do barrio de Sarrià con Vallvidrera. A estación inferior está conectada coa liña do Vallès dos Ferrocarrils de la Generalitat (parada Peu del Funicular).

Funicular de Vallvidrera.

Foi inaugurado en 1906 para comunicar a liña Sarrià-Barcelona coa vila de Vallvidrera, cando aínda eran núcleos diferenciados. En 1979 pasou a formar parte de FGC, que é o explotador actual. En 1998 foi remodelado.

Características

editar
  • Lonxitude da liña: 736
  • Altitude Vallvidrera-Inferior: 196 m
  • Altitude Vallvidrera-Superior: 359 m
  • Desnivel: 158 m
  • Pendente máxima: 28,9 %
  • Vehículos: 2
  • Capacidade dos vehículos: 50 persoas
  • Capacidade de transporte (nun só sentido): 2000 persoas/h
  • Velocidade: 5,0 m/s (ou 18 km/h
  • Diámetro do cable: 30 mm
  • Largo de vía: 1000 mm

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar