Fundación Europea de Educación Ambiental

A Fundación Europea de Educación Ambiental (FEE) é unha organización privada. No ano 1982 creou un logotipo e unha bandeira, a Bandeira Azul de Europa, para premiar ás praias e portos deportivos de maior calidade ambiental. Cada ano, un xurado europeo valora as candidaturas presentadas polos concellos costeiros europeos e concede bandeiras azuis aos que cumpren unha serie de requisitos que son:

  • Calidade da auga baseada nas análises oficiais.
  • Seguridade, segundo a presenza de salvamento e socorrismo e teléfonos de urxencia.
  • Existencia de servizos, papeleiras, vixilancia, posibilidade de acceso por transporte público, limpeza periódica.
  • Accións de formación ambiental e información ao usuario.
Fundación Europea de Educación Ambiental
Logo
AcrónimoFEE
Tipoorganización e entidade filantrópica
Data de fundación1981
Nº de empregados15 (2020) Editar o valor em Wikidata
SedeCopenhague
PaísDinamarca
Na rede
https://www.fee.global/
Facebook: fee.global Twitter: feeint Youtube: UCrWsoSM7d_VJYBLNPbNH8tg Flickr: feeinternational Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar