Fundació Bernat Metge

A Fundació Bernat Metge é unha institución fundada en 1922 baixo o patrocinio da editorial Alpha e Francesc Cambó. Hoxe forma parte do Institut Cambó e ten como finalidade o fomento do estudo dos clásicos gregos e latinos en lingua catalá, así como a de crear ó longo dos tempos xeracións de humanistas.

A súa actividade principal foi a publicación da colección Fundació Bernat Metge, en catalán, seguindo o modelo das grandes coleccións clásicas europeas (como a Collections des universités de France, coñecida como "la Budé" por ser patrocinada pola Association Guillaume Budé, ou a Bibliotheca Teubneriana de Benediktus Gotthelf Teubner). Iniciouse en abril de 1923 co libro Da natureza das cousas de Lucrecio, traducido por Joaquim Balcells. Os seus directores foron Joan Estelrich (1923-1958) e Carles Riba (1858-1959), quen formou unha escola de tradutores. Despois foi dirixida por un consello directivo integrado por Josep Alsina, Joan Petit i Montserrat (substituído por Jaume Berenguer), Miquel Dolç, Josep Vergés i Fàbregas e Joan Baptista Solervicens.

A colección Fundació Bernat Metge editar

A colección Fundació Bernat Metge recolle a publicación de traducións de autores gregos e latinos ó catalán. As versións, que son publicadas ás veces co texto orixinal, contribuíron a fixar a linguaxe literaria culta en catalán. A colección quedou interrompida entre 1939 e 1946. No presente, dispón de máis de 360 volumes.[1]

A colección, segundo o catálogo editorial, divídese nas seguintes series:

  • Serie Literatura grega
  • Serie Literatura latina
  • Serie Filosofía grega e latina
  • Serie Historia grega
  • Serie Historia latina

Notas editar

  1. Generalitat de Cataluña, ed. (2012). "Traducció i traductors". Web. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2014. Consultado o xuño de 2013. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Franquesa Gòdia, Montserrat (2013). La Fundació Bernat Metge, una obra de país (1923 - 1938). Barcelona: Publicacions de l'Abadia de Montserrat. p. 291. ISBN 9788498836127. 
  • Franquesa Gòdia, Montserrat (2016). Literatura catalana contemporània: Crítica, transmissió textual i didàctica. (Edició a cura d'Eusebi Coromina i Ramon Pinyol). Barcelona: Societat Catalana de Llengua i Literatura (filial de l'Institut d'Estudis Catalans) / Universitat de Vic / Universitat Central de Barcelona. pp. 49–70. ISBN 9788499653013.