Full of Life (novela)

novela de John Fante

Full of Life é unha novela en lingua inglesa escrita polo italo-americano John Fante, publicada en 1952.

Full of Life
Autor/aJohn Fante
OrixeEstados Unidos
Linguainglés
Xénero(s)Novela
EditorialHarperCollins
Data de pub.1952
editar datos en Wikidata ]

Trama editar

John Fante é un guionista de Hollywood. Joyce, a súa compañeira, está embarazada de sete meses. Mercan unha casa con xardín, pero o chan da cociña podrece por mor dos térmites. Decide chamar ao seu pai, albanel xubilado que vive en San Juan, para que veña a lles arranxar a casa. John considera o seu pai como o mellor albanel dos Estados Unidos.

Ao chegar á casa do pai e da nai recíbeno ao seu xeito: o pai cunha disimulada xenreira cara ao estilo de vida (non asume que sexa escritor e que viva na gran cidade), e a nai cun dramático sentimentalismo. Os futuros avós desexan ter un rapaz no canto dunha rapaza, e danlle moitos consellos baseados na superstición para poder acadalo. O vello Nick, de sesenta e sete anos, procura convencer ao seu fillo para que veñan vivir á mesma vila ca eles.

O pai accede a ir aos Ánxeles. Logo dunha viaxe en tren chea de peripecias, esíxelle ao fillo que escriba unha historia sobre un tío seu dos Abruzos, para que o seu futuro neto non esqueza a orixe familiar. Cando se dispón a arranxar o chan, decide que é unha tarefa da que non se pode facer cargo, pero bota abaixo a cheminea e ponse a construír outra xunto a Joyce, para desesperación de John.

Joyce afronta o parto cun forte cambio nas súas crenzas. Le moitos libros de filosofía, e decide facerse católica, querendo bautizarse e casar antes do nacemento. John respecta a conversión da súa compañeira, pero non quere casar pola igrexa.

Finalmente, no hospital nace o bebé, e o novo avó regresa á súa casa feliz.

Narración editar

A obra está narrada en primeira persoa, e ten certo carácter autobiográfico, usando os nomes reais dos personaxes. Está ambientada en California a comezos da década de 1950.

Adaptacións editar

A novela foi levada ao cinema en 1956, con dirección de Richard Quine, con Richard Conte como Nick Rocco (John Fante) e Judy Holliday como Emily Rocco (Joyce).