Monte Fuji

(Redirección desde «Fujiyama»)

Coordenadas: 35°21′38″N 138°43′39″L / 35.360555555556, 138.7275

O monte Fuji (富士山 Fujisan?, Xaponés: [ɸɯꜜ(d)ʑisaɴ])[2] ou Fugaku, situado na illa de Honshū, é a montaña máis alta do Xapón, cunha elevación do cumio de 3.776,24 metros. É o segundo volcán máis alto situado nunha illa de Asia (despois do Monte Kerinci na illa de Sumatra), e o sétimo pico máis alto dunha illa na Terra.[3] O monte Fuji é un estratovolcán activo que entrou en erupción por última vez entre 1707 e 1708.[4][5] A montaña está situada a uns 100 km ao suroeste de Tokio e é visible desde alí nos días despexados. O cono excepcionalmente simétrico do Monte Fuji, que está cuberto de neve durante uns cinco meses ao ano, utilízase habitualmente como icona cultural do Xapón e é frecuentemente representado na arte e na fotografía, así como visitado por turistas e alpinistas.[6]

Monte Fuji
富士山 Fuji-san
Monte Fuji ao amencer
Localización xeográfica
CordilleiraKageitah
Localización administrativa
LocalizaciónEntre as prefecturas de Shizouka e Yamanashi (Rexión de Chūbu, Xapón)
Características xerais
Altitude3776[1] m Posición 35
Montañismo
Primeira ascensión663 realizada por un monxe budista anónimo
Ruta máis fácilItinerarios: Kawaguchiko, Subashiri, Gotenba e Fujinomiya dende a quinta estación.

O monte Fuji é unha das "Tres Montañas Sagradas" (三霊山 Sanreizan?) do Xapón xunto co Monte Tate e Monte Haku. É un lugar especial de beleza paisaxística e un dos Lugares históricos.[7] Engadiuse á Lista do Patrimonio Mundial como Ben Cultural o 22 de xuño de 2013.[7] Segundo a UNESCO, o Monte Fuji "inspirou a artistas e poetas e foi obxecto de peregrinación durante séculos". A UNESCO recoñece 25 sitios de interese cultural dentro do sitio do monte Fuji. Estes 25 lugares inclúen a montaña e o santuario xintoísta, Fujisan Hongū Sengen Taisha.[8]

Características editar

Aínda que o monte Fuji pareza ser un cono único e simétrico, no interior é máis complexo do que se poida imaxinar. O cono que nós chamamos de monte Fuji está realmente constituído por tres volcáns sobrepostos: Komitake, Fuji maior e Fuji menor. Un ollar atento e próximo da silueta das montañas revela irregularidades que son resultado desta sobreposición. Por exemplo, unha lixeira elevación da inclinación na zona norte da montaña, a cerca de 2.301 metros de altitude, fai parte do cume do cráter de Komitake, o máis antigo dos tres volcáns, que estivo activo durante o Plistoceno. O Fuji maior estivo activo entre 80.000 e 10.000 anos atrás. Os acontecementos volcánicos que tiveron lugar nos últimos 10.000 anos contribuíron no crecemento do Fuji menor, a montaña que vemos actualmente.

Fujisan, lugar sagrado e fonte de inspiración artística
 
Monte Fuji en xaneiro de 2016
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País  Xapón
TipoCultural
Criteriosiii, VI
Inscrición2013 (37ª sesión)
Rexión da UNESCOAsia e o Pacífico
Identificador1418

Notas editar

  1. Japan-guide.com (ed.). "Mount Fuji". 
  2. A Enciclopedia Galega Universal denomínao Fuji-San ou Fuji-Yama e a Diciopedia do século 21 Fujiyama
  3. "富士山情報コ–ナ–". Sabo Works at Mt.Fuji. 
  4. "Active Volcanoes of Japan". AIST. Geological Survey of Japan. Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  5. "Mount Fuji". Britannica Online. Consultado o 17 de outubro de 2009. 
  6. Scheffel, Richard L.; Wernet, Susan J., eds. (1980). Natural Wonders of the World. United States: Reader's Digest Association. p. 153. ISBN 0-89577-087-3. 
  7. 7,0 7,1 [1] Arquivado 27 de xuño de 2013 en Wayback Machine.
  8. Centre, UNESCO World Heritage. "Fujisan, sacred place and source of artistic inspiration". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2022-02-11. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar