Fuel Fandango é un dúo musical formado polo produtor canario Alejandro Acosta (membro de Mojo Project) e a cantante cordobesa Cristina Manjón, máis coñecida como Nita. Adoitan ir acompañados nos directos pola batería canario Carlos Sosa. Considéranse un dúo de tres persoas.[1] O grupo foi creado en 2010. En 2014 editouse un filme -tributo no que aparecían todos os seus videoclips.[2]

Fuel Fandango
Donostia, 2012
Xénero(s)Fusión
Electrónica
Funk
Selo(s) discográfico(s)WMG
MembrosNita (voz)
Alejandro Acosta (guitarra e produción)
Na rede
http://www.fuelfandango.com
Facebook: fuelfandango Twitter: fuelfandango Instagram: fuelfandango MySpace: fuelfandango Musicbrainz: 68616818-fc34-4ebc-aa72-f7187459709e Songkick: 2768276 Discogs: 2396980 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Fuel Fandango xorde tras o paro de Ale Acosta co seu anterior grupo Mojo Project. Alejandro e Nita coñecéronse en 2008 en Córdoba, onde Alejandro adoitaba ir pinchar música. Alejandro era produtor e dj, e Nita era cantante educada no mundo da copla e o flamenco. Empezaron a compor xuntos unindo os mundos que coñecían: funk, soul, electrónica, jazz e flamenco, nun estilo propio e único.[3]

Nas súas cancións combinan a lingua inglesa co castelán.[4] O nome do grupo fusiona os dous mundos que unen a súa música: o Fuel -a gasolina das máquinas, samplers e a música electrónica- e o Fandango, a música flamenca.[5]

Durante o verán de 2010 gravaron o seu primeiro disco, Fuel Fandango, entre Madrid (Reno Studios) e Córdoba, coa idea de conservar a frescura e a espontaneidade. Saíu editado en 2011, mesturando estilos musicais tan variados como o funk, a electrónica e o flamenco ou a copla, e obtendo moi boas críticas do mundo da música. O 6 de marzo de 2012 saíu á venda o álbum "Remixed", que inclúe remesturas do nove primeiros temas do seu disco.

En abril de 2013 publicaron o seu segundo álbum, Trece Lunas, gravado entre Madrid, Córdoba, Tarifa e Londres, e producido por Ale Acosta, coa axuda do produtor Duncan Mills, de grupos como Jamie Cullum ou Florence and the Machine. A portada do disco foi deseñada por Neil Krug, que realizou traballos para Ladytron, Devendra Banhart, e Scissor Sisters, entre outros. Ademais realizaron o documental Inside Trece Lunas, composto por varios capítulos que mostran o proceso de gravación do novo álbum.[6]

Nun principio Nita escribiría as letras e melodías de voz, mentres que Ale Acosta faría a produción e os arranxos musicais. Con todo, o grupo declarou que, na práctica, ambos compuxeron partes musicais e letras, indistintamente.[7]

Membros editar

  • Cristina Manjón, "Nita" (voz, letrista)
  • Ale Acosta (instrumentos e produción, letrista)
  • Carlos Sosa (batería)

Discografía editar

  • EP1 (2009)
  • Fuel Fandango (2011)
  • Trece lunas (2013)
  • Aurora (2016)

Notas editar

  1. Laura Bit. "Entrevista con Fuel Fandango". Duendemad. 
  2. Fuel Fandango - A Tribute Film Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine., en Vimeo.
  3. Jesús Arias. "Fuel Fandango presenta en la sala El Tren su primer trabajo". 
  4. "Fuel Fandango: “Para nosotros el directo es primordial. Es lo que más nos llena”". GranadaHoy.com. 15 de marzo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2011. Consultado o 16 de febreiro de 2011. 
  5. "Fuel Fandango". Club Cultura. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2014. Consultado o 24 de abril de 2018. 
  6. "Fuel Fandango busca ratificar su éxito con su segundo disco, que saldrá el próximo mes". El Día de Córdoba. 
  7. "Fuel Fandango: «Queríamos mezclar diferentes estilos para conseguir diferentes colores»", entrevista en Rockbase.