Florence and the Machine

Florence and the Machine, ás veces escrito como Florence + the Machine, é un grupo musical de indie rock liderado pola cantante Florence Welch.

Florence + the Machine.png
Florence45.jpg
Florence and the Machine no Brixton Academy de Londres, 13 de decembro de 2009
OrixeLondres, Inglaterra Inglaterra
Período2007 – presente
Xénero(s)indie pop, baroque pop, indie rock, art rock, anti-folk
Selo(s) discográfico(s)Island, IAMSOUND Records, Moshi Moshi Records
MembrosFlorence Welch
Robert Ackroyd
Christopher Lloyd Hayden
Isabella Summers
Tom Monger
Antigos membrosDevonte Hynes
Páxina webflorenceandthemachine.net/

CaracterísticasEditar

O son de Florence and the Machine foi descrito como unha combinación de varios xéneros, desde o rock até o soul. A música da banda recibiu moi boas críticas até que acadaron un certo éxito de masas, en especial desde a BBC, que tivo moito que ver co posterior éxito do grupo.

O álbum de debut da banda, Lungs, foi lanzado o 6 de xullo de 2009, e conseguiu manterse no número 2 durante cinco semanas entre os máis vendidos no Reino Unido. En xaneiro de 2010 o álbum acadou, por fin, o número 1 das listas británicas, despois de manterse durante 28 semanas entre os máis vendidos. Lungs foi un dos discos máis vendidos do 2009 no Reino Unido, o que o converteu nun dos discos máis vendidos do ano. Na gala dos 2010 BRIT Awards, Lungs fíxose co premio "Mastercard British Album".

DiscografíaEditar

Álbums de estudioEditar

Álbum Ano Selo
Lungs 2009 Island Records
Ceremonials 2011 Island Records
How Big, How Blue, How Beautiful 2015 Island, Republic
High as Hope 2018 Virgin, EMI, Republic

EPsEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar