Froilán (nome)
Nome galego de varón
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Froilán (homónimos).
Froilán[1] é un nome propio masculino galego. De orixe xermana, do antigo Froilanen, acusativo de Froila, do gótico fraujis («amo, señor»), de onde deriva froi, xunto ao diminutivo ila, polo que significa «pequeno señor». En galego tamén ten a variante Froila.[1]
En xaneiro de 2023 existían 44 varóns en Galicia co nome Froilán, cunha media de idade de 39,1 anos.[2] Non hai persoas rexistradas coa variante Froila.
Historia
editarNome galego usado no antigo Reino de Galicia, pasou de aí a outras linguas da Península Ibérica.
Onomástica
editar5 de outubro: San Froilán, relixioso galego, patrón de Lugo e bispo de León. Nesas datas son tamén as Festas de San Froilán de Lugo.
Variantes
editar- Feminino: Froilana.
Variantes noutras linguas | |
---|---|
Castelán | Froilán |
Catalán | Froilà |
Checo | Froilan |
Éuscaro | Purlan |
Francés | Froilan |
Galego | Froilán, Froilano |
Portugués | Froilano, Froilão |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2022). "Froilán". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega.
<https://academia.gal/nomes>
. - ↑ Nome Froilán na Web do Instituto Galego de Estatística
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Froilán |
Outros artigos
editarBibliografía
editar- Montes Vicente, José María (2001). El libro de los Santos. Alianza, Madrid. ISBN 84-206-7203-3.
- Tibón, Gutierre (1994). Diccionario etimológico comparado de nombres propios de persona. Fondo de Cultura Económica, México. ISBN 968-16-2284-7.
- Yáñez Solana, Manuel (1995). El gran libro de los Nombres. M. E. Editores, Madrid. ISBN 84-495-0232-2.