Frode Grodås

futbolista noruegués

Frode Grodås, nado en Hornindal o 24 de outubro de 1964 é un adestrador e ex xogador de fútbol noruegués.

Frode Grodås
Grodås en 2008 como adestrador do Lillestrøm
Información persoal
Nome Frode Grodås
Nacemento 24 de outubro de 1964
Lugar de nacemento Hornindal e Volda
Altura 1.88 m.
Posición Gardameta
Carreira xuvenil
0000–1982 Hornindal
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1982–1986 Sogndal (0)
1987–1996 Lillestrøm 182 (1)
1996–1998 Chelsea 21 (0)
1998 Tottenham Hotspur 0 (0)
1998–2002 Schalke 04 3 (0)
1999Racing Santander (cedido) 6 (0)
2002–2003 Hønefoss 49 (0)
2007 Lillestrøm 0 (0)
Selección nacional
1981 Noruega sub-16 2 (0)
1982 Noruega sub-19 3 (0)
1989 Noruega sub-21 5 (0)
1991–2002 Noruega 50 (0)
Adestrador
2006 HamKam
2007–2010 Lillestrøm (adestrador de gardametas)
2010– Noruega (adestrador de gardamentas)
Na rede
IMDB: nm1870634 FIFA: 77411 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Xogou, como porteiro, en diferentes clubs noruegueses pero principalmente no Lillestrøm no que estivo dez anos. Despois pasou por varios equipos de países estraneiros, Inglaterra, Alemaña e España.[1] Gañou a FA Cup inglesa en 1997 co Chelsea. Acabou a súa carreira profesional no Hønefoss.

Adestrador editar

Estudou na Escola de Ciencias do Deporte de Noruega,[2] e logo de retirarse como xogador adestrou o HamKam desde o 1 de decembro de 2005. Tras unha mala tempada o HamKam descendeu da Tippeligaen e o club despediuno o7 de novembro de 2006.

En decembro de 2006, Grodås asinou un contrato de tres anos co Lillestrøm como adestrador de porteiros, e tamén actuou como terceiro gardameta do club, e así en xuño de 2007 cando o primeiro porteiro Heinz Müller quedou suspendido por darlle a Geir Ludvig Fevang no seu xeonllo esquerdo. Por mor disto, Grodås sentou no banco de reservas durante o partido co Sandefjord. En 2010 tras rematar o seu contrato co Lillestrøm converteuse en adestrador de porteiros da selección nacional norueguesa.

Notas editar

  1. "Frode Grodås". Store norske leksikon. 30 de abril de 2013. 
  2. Bugge, Mette (5 de setembro de 2008). "40 år og fortsatt full fart". Aftenposten, p. 20.