Fredrik Eklund
Fredrik Eklund, nado o 26 de abril de 1977 en Estocolmo, é un axente inmobiliario, empresario, actor pornográfico, escritor e personalidade da televisión sueco establecido en Nova York.
Fredrik Eklund | |
---|---|
Alcume/outros | Tag Eriksson |
Nacemento | 26 de abril de 1977 |
Lugar | Kista e Estocolmo |
Nacionalidade | Suecia |
Educado en | Escola Superior de Economia de Estocolmo e Edina High School |
Pai | Klas Eklund |
Profesión | actor pornográfico, actor, emprendedor, novelista, actor de cinema, axente inmobiliario, celebridade e modelo |
Na rede | |
http://www.fredrikeklund.com/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Fillo do economista Kas Eklund e irmán do escritor Sigge Eklund, estudou na Escola de Economía de Estocolmo, traballou algún tempo no xornal financeiro Finanstidningen e en 1999 fundou a empresa Humany, dedicada ao desenvolvemento de software.
Eklund trasladouse a Nova York en 2002 e participou en filmes pornográficos gais baixo pseudónimo Tag Eriksson[1]. En 2003 protagonizou The Hole, unha parodia cómica porno do filme The Ring co que logrou o premio GayVN [2] á mellor escena en solitario'[3] En 2005, publicou o libro autobiográfico Bananflugornas herre sobre esa época.[2]
Axente inmobiliario editar
Eklund entrou a formar parte da firma inmobiliaria J C DeNiro, onde no primeiro ano ao vender inmobles por valor de 50 millóns de dólares recibiu o nomeamento de vendedor revelación do ano polo Real Estate Board of New York.[2] Foi director de operacións de Core Group Marketing e de Prudential Douglas Elliman, a maior empresa inmobiliaria da costa leste dos Estados Unidos. En febreiro de 2008, vendeu un apartamento para Cameron Diaz, en agosto de 2009 a John Legend e en xullo de 2010 a Daniel Craig.[4] En 2009 fundou Eklund Stockholm New York, con oficinas en Estocolmo[5].
Telerrealidade editar
Desde 2010 apareceu como un dos protagonista do programa de telerrealidade Million Dollar Listing New York da canle Bravo,[1]
Libros editar
- Bananflugornas herre (2005). Estocolmo: Debutantförlaget.
- The Sell: The Secrets of Selling Anything to Anyone (2015)
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 Widdicombe, Ben (14 de novembro de 2010). "From Pornography to Real Estate Mogul". New York Times.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Fokus, Fredrik Eklund: "Porrkarriären en fördel" Arquivado 11 de setembro de 2016 en Wayback Machine., Fokus, novembro de 2007
- ↑ "Interview: Fredrik Eklund, Out, 27 de febreiro de 2013
- ↑ "Jag är besatt av New York", Aftonbladet, 19 de outubro de 2010
- ↑ http://www.esny.se
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Conta oficial de Facebook
- Conta oficial de Twitter
- Web oficial de Million Dollar Listing New York (en inglés)