Frederick Moss

político neozelandés

Frederick Joseph Moss, nado en 1827 ou 1828 en Longwood (Santa Helena) e finado o 8 de xullo de 1904 en Auckland, foi un político neozelandés.

Infotaula de personaFrederick Moss

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1829 Editar o valor em Wikidata
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte8 de xullo de 1904 Editar o valor em Wikidata (74/75 anos)
Auckland Editar o valor em Wikidata
Member of the New Zealand Parliament (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeNova Zelandia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosEdward Moss Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Moss naceu na illa de Santa Helena, desde os trece anos residiu varios anos en Suráfrica traballando para o seu tío en Porto Elizabeth ata que volveu de novo a Santa Helena en 1847, onde casou con Emily Ann Carew en 1853 ou 1854. En 1857 regresou a Suráfrica asentándose en Natal, pero despois dunha praga de lagostas arrasararen os seus cultivos decidiu emigrar a Nova Zelandia coa súa dona e os seus tres fillos aportando en Lyttelton o 12 de novembro de 1859.[1], establecéndose nese lugar como comerciante, tivo un papel fundamental no establecemento dunha milicia local de voluntarios e Moss converteuse no seu capitán. Logo do descubrimento de ouro en Otago mudouse a Dunedin en 1862, participou en varias aventuras comerciais, entre outros con Thomas Dick. Foi tamén o capitán da milicia local e fundador do xornal Otago Daily Mail, que vendeu aos poucos meses.[1] En 1863 comezou a súa carreira política como ao ser elixido membro do Consello Provincial de Otago, foi secretario de obras públicas e tesoureiro. Opoñente, xunto con Dick, de Julius Vogel, cando este se converteu no líder do executivo provincial en novembro de 1866[2], Moss acabou deixando o Consello Provincial a comezos do ano seguinte.[1]. Entre 1868 e 1869 estivo en Fidxi onde estableceu unha unha plantación de algodón. En 1869 estableceuse en Auckland, traballando primeiro para o New Zealand Herald e logo na tesourería provincial. Representou á circunscrición de Parnell no Parlamento de Nova Zelandia desde 1878 ata 1890[3] como liberal provincialista e firme seguidor de George Grey. Entre 1890 e 1899 foi Residente Británico nas Illas Cook, de volta a Auckland escribiu en xornalis contra a política do seu sucesor, Walter Edward Gudgeon e en 1901 condenou a anexión do arquipélago, estimando que representaba un custo elevado para Nova Zelandia. Moss escribiu varios ensaios, entre eles "A planter experience in Fiji "(1869), Through atolls and islands in the great south sea (1889), A school history of New Zealand (1889) ou Notes on political economy from the colonial point of view (1897).

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Macdonald, Barrie (updated 22 June 2007). "Moss, Frederick Joseph 1827/1828? - 1904". Dictionary of New Zealand Biography. Consultado o 12 de febreiro de 2011. 
  2. Dalziel, Raewyn (updated 22 June 2007). "Vogel, Julius 1835 - 1899". Dictionary of New Zealand Biography. Consultado o 23 September 2010. 
  3. Wilson, James Oakley (1913). V.R. Ward, Govt. Printer, ed. New Zealand parliamentary record, 1840-1984 (4 ed.). Wellington. OCLC 154283103.