Walter Edward Gudgeon

Walter Edward Gudgeon, nado o 4 de setembro de 1841 en Londres e finado o 5 de xaneiro de 1920 foi un granxeiro, militar e administrador colonial neozelandés.

Walter Edward Gudgeon
Nacemento4 de setembro de 1841
Lugar de nacementoLondres
Falecemento5 de xaneiro de 1920
Lugar de falecementoAuckland
NacionalidadeNova Zelandia
Ocupaciónpolicía e historiador
Na rede
WikiTree: Gudgeon-110
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de Thomas Wayth Gudgeon, tapiceiro de profesión, que en 1850 emigrou coa súa familia cara a Nova Zelandia, instalándose en New Plymouth. Aos once anos Walter Gudgeon deixou os estudos para traballar na granxa familiar, deixando a súa casa aos 16 anos, instalándose pola súa conta nunha granxa propia preto de Wanganui. En marzo de 1865 durante a Segunda Guerra Taranaki uniuse ao corpo dos Bushrangers de Wanganui converténdose en apenas tres meses en sarxento maior do batallón indíxena ao tempo que aprendía a lingua maorí. Participou na expedición punitiva de Opotiki e na Campaña do xeneral Trevor Chute no sur de Taranaki xa como tenente, porén por mor de dispararse accidentalmente a si mesmo na coxa en 1866 deixou a vida militar, instalándose en terras confiscadas preto do río Waingaroro ata que en xuño de 1868 a rebelión do xefe maorí Titokowaru obrigouno a marchar do territorio incorporándose ao exército como capitán permanecendo ata febreiro de 1874 cando pasou á Armed Constabulary ao cargo do distrito de Poverty Bay, durante o seu mandato coñeceu a Edith Maria Best, irmá do etnógrafo Elsdon Best, coa que casou o 16 de xaneiro de 1875, logo pasou a Gisborne ao cargo das forzas colonias e como maxistrado residente dos distritos de Waiapu e Wairoa, a súa dona morreu en 1879 de tuberculose, quedando Gudgeon con catro fillos. Nese ano publicou no Reino Unido co nome de seu pai Reminiscences of the War of New Zealand sobre as súas experiencias militares. En 1880 pasou de novo ao servizo militar na compaña contra Parihaka en Waimata Plains, que comezou en novembro de 1881, Gudgeon estaba ao mando dunha compañía de elite da Armed Constabulary, logo da rendición dos líderes maorís, casou en segundas nupcias en 1882 con Emily Bertha Tuke, coa que tivo outros catro fillos, por esta época realizou estudos de dereito e o exame para solicitor. En 1885 supervisou o establecemento de baterías costeiras logo do Incidente de Panjdeh entre Rusia e o Reino Unido e promocionou a maior de artillaría, tamén actuou como subsecretario de defensa en funcións en dúas ocasións. En 1887 o goberno nomeouno Comisario ao cargo da Forza de Policía de Nova Zelandia asentándose en Wellington. En 1890 nomeárono xuíz do Tribunal de Terra Indíxena, posición que mantivo ata 1898. En 1892 presidiu a xuntanza fundacional da Polinesian Society, colaborando asiduamente no seu Journal.

En agosto de 1898 recibiu o nomeamento como Residente Británico nas Illas Cook en substitución de Frederick Joseph Moss ao tempo que era promovido a tenente coronel, tras a súa chegada a Rarotonga en setembro, convenceu aos arikis principais e particularmente a Makea Takau Ariki para que pedisen anexión das Illas por Nova Zelandia ao Imperio Británico en setembro de 1900, substituíndo o Parlamento por un Consello de Arikis presidido polo propio Gudgeon. En xuño de 1901 o Parlamento de Nova Zelandia proclamou a anexión e Gudgeon pasou a ser Comisionado Residente, xefe de xustiza do Tribunal Superior e desde 1902 xuíz xefe do Tribunal de Terras. En 1909 o primeiro miistro neozelandés, Joseph Ward cesouno. De volta a Nova Zelandia traballou en 1914 como censor de mensaxes telegráficos.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar