Frederic Wood Jones

Frederic Wood Jones, nado en Londres o 23 de xaneiro de 1879 e finado na mesma cidade o 29 de setembro de 1954, xeralmente chamado Wood Jones, foi un naturalista observacional, embriólogo, anatomista e antropólogo británico, membro da Royal Society,[1] que pasou moito tempo en Australia.[2][3][4][5][6][7]

Infotaula de personaFrederic Wood Jones
Biografía
Nacemento23 de xaneiro de 1879 Editar o valor em Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte29 de setembro de 1954 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónEnfield Grammar School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEmbrioloxía, ciencias naturais, anatomía e antropoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónantropólogo , científico , embriologista (pt) Traducir , anatomista , biólogo , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Manchester
Universidade de Adelaide (pt) Traducir
Universidade do Havaí (pt) Traducir
Universidade de Melbourne (pt) Traducir
Victoria University of Manchester (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Royal Society (1925–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeGertrude Wood Jones
Premios

Traxectoria

editar

Escribiu amplamente sobre os primeiros seres humanos, incluíndo as súas adaptacións arbóreas (Home arbóreo), e foi un dos pais fundadores do campo da antropoloxía moderna. Wood Jones era amigo de Le Gros Clark e tamén foi coñecido pola súa polémica crenza de que os caracteres adquiridos podían herdarse, o que é un principio lamarckista, opoñéndose así ao darwinismo. Ensinou anatomía e antropoloxía física na Escola de Medicina de Londres para Mulleres, na Universidade de Adelaida, Universidade de Hawaiʻi en Mānoa, Universidade de Melbourne, Universidade de Manchester e no Colexio Real de Cirurxiáns de Inglaterra.

Wood Jones foi presidente da Royal Society of South Australia en 1927, e foi premiado coa Medalla Memorial de RM Johnston[8] pola The Royal Society of Tasmania en 1925 e a Medalla Clark pola Royal Society of New South Wales en 1941. Foi elixido presidente da Sociedade Anatómica de Gran Bretaña e Irlanda de 1943 a 1945.[9]

En 1910 en Londres, casou con Gertrude Clunies-Ross, a cuarta filla do George Clunies-Ross.[10] A súa muller foi membro da Sociedade Zoolóxica de Londres e foi a segunda muller en ser bibliotecaria da sociedade.[11]

Hipótese tarsiana

editar
"Wood Jones, antes da década de 1930, promovía que a liña humana evolucionou a partir dun primate moi xeneralizado desde o cal evitou pasar por unha etapa de simio hominoide. A súa tradición de interpretación... a liña humana evitou toda a fase hominoide de evolución... o antepasado [común] era concibido como unha forma similar á tarsoide... o alzamento á postura bípede en humanos non se cría que fora precedida por unha fase de braquiación ou de prebraquiación."

Wood Jones avogaba por un antepasado dos humanos non antropoide separado por longo tempo. Cría que a ciencia debería investigar remontándose ata o primitivo stock tarsioide para encontrar unha forma suficientemente xeneralizada que sería o antepasado común do home, os monos e os simios antropoides. A hipótese tarsiana de Jones, que el mantivo desde 1918[13] ata a súa morte, afirmaba que a liña humana de desenvolvemento non diverxeu da dos simios ou monos senón de formas moi anteriores, antes do Oligoceno hai 30 millóns de anos, a partir dun antepasado común cun grupo primitivo de primates dos cales o outro único supervivente é o tarseiro.[14] Wood Jones na súa obra The Ancestry Of Man (1923) describía a súa hipótese tarsiana da seguinte maneira:

"A tese que entón se postulaba que era a noción xeral de que o Home evolucionara ao longo da liña da Clasificación Lineana era incorrecta. Lonxe de seren os Lémures, os Monos e os Simios Antropoides puntos de referencia na liña do progreso humano, sostíñase que o stock humano se orixinou a partir dunha forma Tarsioide, que os Lémures non eran os devanceiros dos Tarsioides e que os Monos e Simios estaban máis especializados comparados cos Tarsioides que co propio Home, e, polo tanto, non eran os seus devanceiros, senón uns descendentes colaterais a partir dunha anterior ensamblaxe de animais, dos cales só temos un descendente vivo directo, na forma do Tarsius spectrum."

Wood Jones explicaba as características estruturais comúns entre o Home e os simios (e monos) por evolución converxente. En 1948 escribiu:

"Se as formas de primates inmediatemente ancestrais ao stock humano son reveladas algunha vez, serán completamente desemellantes ao encorvado ‘home simio’ co cal algúns soñaron e do cal fixeron moldes e imaxes durante as horas en vela."

Filosofía

editar

Wood Jones rexeitaba a relixión organizada e a idea dunha deidade antropomórfica. Cría que existía unha consciencia cósmica subxacente na natureza. Defendía a filosofía holística de Jan Smuts e era moi crítico co darwinismo. As súas opinións filosóficas son discutidas no seu libro Design and Purpose (1942).[16][17]

Publicacións

editar
 
Ilustración do libro Arboreal Man (1916)
 
Ilustración do libro Arboreal Man (1916)

Xunto con numerosos artigos científicos, os libros dos que foi autor ou coautor e editor inclúen os seguintes:

  • Jones, Frederic Wood. (1912). Coral and Atolls. A History and Description of the Keeling-Cocos Islands, with an account of their Fauna and Flora, and a Discussion of the Method of Development and Transformation of Coral Structures in General. Lovell, Reeve & Co Ltd: Londres.
  • Jones, Frederic Wood. (1916). Arboreal Man. Edward Arnold: Londres.
  • Jones, Frederic Wood. (1918). The Problem of Man's Ancestry. Society for Promoting Christian Knowledge.
  • Jones, Frederic Wood. (1920). The Principles of Anatomy as Seen in the Hand. J. & A. Churchill: Londres.
  • Jones, Frederic Wood. (1923). The Ancestry Of Man. Douglas Price Memorial Lecture, No.3. R G. Gilles & Co.: Brisbane.
  • Jones, Frederic Wood. (1923). The Position of Anatomy in the Modern Medical Curriculum and the Conception of Cytoclesis. Hassell Press: Adelaida.
  • Jones, Frederic Wood. (1923–25). The Mammals of South Australia. Parts I-III. Handbooks of the Flora and Fauna of South Australia. Government Printer: Adelaida.
  • Jones, Frederic Wood. (1925). Unscientific Essays. Edward Arnold & Co: Londres.
  • Jones, Frederic Wood. (1929). Man's Place Among the Mammals. Edward Arnold: Londres.
  • Jones, Frederic Wood. (1934). Sea Birds Simplified. Edward Arnold & Co.: Londres.
  • Jones, Frederic Wood. (1934). Unscientific Excursions. Edward Arnold & Co: Londres.
  • Jones, Frederic Wood. (1939). Life and Living. Kegan Paul: Londres.
  • Jones, Frederic Wood. (1942). Design and Purpose. Kegan Paul: Londres.
  • Jones, Frederic Wood. (1943). Habitat and Heritage. Kegan Paul, Trench, Trubner: Londres.
  • Jones, Frederic Wood. (1946). Structure and Function as Seen in the Foot. Bailliere Tindall and Cox: Londres.
  • Jones, Frederic Wood. (1946). The Principles of Anatomy as Seen in the Hand. Bailliere Tindall and Cox: Londres.
  • Jones, Frederic Wood. (1948). Hallmarks of Mankind. Bailliere Tindall and Cox: Londres.
  • Jones, Frederic Wood. (1953). Trends of Life. Edward Arnold: Londres.
  • Jones, Frederic Wood. (Ed.). (1946). Buchanan's Manual of Anatomy. Bailliere Tindall and Cox: Londres.
  • Jones, Frederic Wood; & Porteus, Stanley David. (1928). Matrix of the Mind. University of Hawaiʻi: Honolulu.
  1. Clark, W. E. L. G. (1955). "Frederic Wood Jones 1879-1954". Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society 1: 118–126. doi:10.1098/rsbm.1955.0009. 
  2. Christophers, B. E. (1997). "Frederic Wood Jones: His Major Books and How They Were Reviewed". ANZ Journal of Surgery 67 (9): 645–659. PMID 9322706. doi:10.1111/j.1445-2197.1997.tb04617.x. 
  3. Clark, W. E. (1955). "In memoriam: Frederic Wood Jones, D.Sc., F.R.C.S., F.R.S., 1879-1954; an appreciation". Journal of Anatomy 89 (2): 255–267. PMC 1244790. PMID 14367223. 
  4. W. E. Le Gros Clark (2004). "Jones, (Frederic) Wood (1879–1954), anatomist". Oxford Dictionary of National Biography (online ed.). Oxford University Press. doi:10.1093/ref:odnb/34226.  require subscrición
  5. Christophers, Barry E. (Compiler). (1974). A List of the Published Works of Frederic Wood Jones, 1879–1954. Greensborough Press: Melbourne
  6. Fotografía do sitio web da Bibliotca da Universidade de Adelaida Arquivado 11 de marzo de 2007 en Wayback Machine.
  7. MacCallum, Monica: Jones, Frederic Wood (1879–1954), Australian Dictionary of Biography Consultado o 27 de outubro de 2011.
  8. "Past Recipients". Rst.org.au. Consultado o 10 de novembro de 2017. 
  9. "The Anatomical Society of Great Britain and Ireland – Presidents of the Society" (PDF). The Anatomical Society. Consultado o 21 de outubro de 2012. 
  10. "Jones, Frederic Wood". Who's Who: 1388. 1920. 
  11. @. (Chío) https://twitter.com/ – vía Twitter.  Falta o |title= (Axuda)
  12. Delisle, R. G. (2007). Debating humankind's place in nature, 1860-2000: the nature of paleoanthropology. Prentice Hall. p. 185.
  13. Wood Jones propuxo a hipótse tarsiana o 27 de febreiro de 1918 nunha conferencia titulada "The Origin of Man" no King's College, de Londres, poseriormente publicada en Animal life and human progress (1919). ed. A. Dendy, Constable, Londres. Wood Jones seguiu co folleto The Problem of Man's Ancestry (1919) discutindo a súa teoría ese mesmo ano, seguido de outros tres libros que defendían a teoría: The Ancestry Of Man (1923), Man's Place Among the Mammals (1929) e Hallmarks of Mankind (1948).
  14. Information, Reed Business (3 de xullo de 1958). "New Scientist". Reed Business Information. Consultado o 10 de novembro de 2017 – vía Google Books. 
  15. Hallmarks of Mankind. (1948). Londres: Bailliere Tindall and Cox. p. 86.
  16. Bowler, Peter J. (2001). Reconciling Science and Religion: The Debate in Early-Twentieth-Century Britain. University of Chicago Press. p. 146
  17. MacCallum, Monica. (1983). "Jones, Frederic Wood (1879–1954)". Australian Dictionary of Biography.