Franz Stock, nado o 21 de setembro de 1904 en Neheim-Hüsten, Renania do Norte-Westfalia e finado o 24 de febreiro de 1948 en París, foi un sacerdote católico coñecido por auxiliar aos prisioneiros franceses na represión nazi en París.

Infotaula de personaFranz Stock

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de setembro de 1904 Editar o valor em Wikidata
Neheim (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte24 de febreiro de 1948 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
XIV Distrito de París, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaéglise Saint-Jean-Baptiste de Chartres (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Alemán
República de Weimar
Reich alemán Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto Católico de Paris (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónteólogo , Capelão militar (pt) Traducir , sacerdote católico , activista pola paz Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá, lingua francesa e Polonia Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Premios

Traxectoria editar

Nado nunha familia obreira, realizou estudos filosóficos e teolóxicos en Paderborn. En 1926 participa no Congreso democrático internacional pola Paz, nun contexto de belicismo e ascenso de réximes autoritarios. En 1932 foi ordenado sacerdote.

En 1934 é nomeado reitor da misión católica alemá en París, pero co estoupido da segunda guerra mundial debe retornar a Alemaña.

Tras a ocupación alemá de Francia volve a París. Preocupado pola represión nazi, comeza a visitar as prisións de Fresnes, La Santé e Cherche Midi. Recibe a encomenda de atender aos condenados a morte polo que é dos poucos non integrados no aparello militar ou nazi que se move con certa liberdade polas prisións onde se ateigaban os represaliados pola ocupación. Comeza así un labor clandestino de asistencia aos prisioneiros e de posta en contacto coas súas familias e amigos arriscando a súa propia vida; filtra información, mesmo memorizando as mensaxes, que impiden novas represións e evita máis detencións e torturas. Prepara os testemuños nos xuízos que conseguen atenuar as penas.

Cando as forzas estadounidenses liberan París en 1944, é detido no hospital de la Pieté e fano prisioneiro de guerra. Deste xeito, comeza un labor de atención aos prisioneiros alemáns. Chega a organizar un seminario no campo de prisioneiros preto de Orleáns.

En 1947 é nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Friburgo.

Na celebración do cincuenta aniversario da súa morte participaron o Presidente do Senado francés René Morony e o chanceler da República Federal Alemá Helmut Kohl.

Está en marcha o proceso de beatificación.[Cómpre referencia]