Francisco de Castro

escritor español

Francisco de Castro, nado en Madrid en 1672 e finado na mesma cidade o 2 de outubro de 1713, foi un escritor español.

Modelo:BiografíaFrancisco de Castro
Biografía
Nacemento1672 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de outubro de 1713 Editar o valor en Wikidata (40/41 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoEntremés Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioFarruco Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1219339

Traxectoria

editar

Alcumado Farruco, Francisco de Castro foi un dos últimos entremesistas do Teatro Barroco, ademais dun famoso comediante que traballou nas compañías da Corte desde finais do século XVII ata a súa morte. Fixo, sobre todo, papeis de gracioso e de barba, alcanzando con eles unha gran fama que lle valeu, en ocasións, poder actuar para os reis da época.

A obra de Castro é unha das máis extensas entre os autores do teatro breve. Componse de trinta e oito entremeses, once mojigangas e fins de festa, cinco bailes e unha loa. É interesante, sobre todo, a inclusión nas súas pezas breves de elementos populares, coma os xigantóns. Tamén destaca a presenza continua do gracioso galego, papel que el mesmo interpretaba.

Títulos

editar

Títulos importantes son:

  • Francisco, ¿qué tienes?
  • Los chirlos mirlos
  • La burla del sombrero
  • El antojo de la gallega
  • Las figuras, El vejete enamorado
  • El reto
  • La fantasma