Francisco Rivera Pérez

toureiro español

Francisco Rivera Pérez, coñecido como Paquirri, nado en Zahara de los Atunes (Cádiz) o 5 de marzo de 1948 e finado en Cerro Muriano (Córdoba) o 26 de setembro de 1984, foi un toureiro español. Morreu por unha cornada recibida do touro chamado Avispado na praza de touros de Pozoblanco, na provincia de Córdoba.

Infotaula de personaFrancisco Rivera Pérez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de marzo de 1948 Editar o valor em Wikidata
Zahara de los Atunes, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de setembro de 1984 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
Córdoba, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte polo toro Editar o valor em Wikidata (Bull goring (en) Traducir e cornada (en) Traducir Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturacemiterio de San Fernando en Sevilla Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesPaquirri Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmatador , toureiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeIsabel Pantoja (1983–1984), morte
Carmina Ordóñez (1973–1979), divorcio Editar o valor em Wikidata
FillosFrancisco Rivera Ordóñez
 () Carmina Ordóñez
Cayetano Rivera
 () Carmina Ordóñez
Kiko Rivera
 () Isabel Pantoja Editar o valor em Wikidata
IrmánsJosé Rivera "Riverita" (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesCayetana Fitz-James Stuart (consogro (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
Alternativa (tauromaquia) (pt) Traducir
confirmación de alternativa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 9570685 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Era fillo de Agustina Núñez Pérez (1922-1977) e do novillero Antonio Rivera Alvarado (1920-2009) quen era o encargado do matadoiro municipal de Barbate, onde Paquirri e o seu irmán o tamén matador José Rivera «Riverita» comezaron a tourear. Creceu preto de ambientes toureiros. Recibiu influencias de Rafael Gómez Ortega "El Gallo", e de Miguelín.

Criouse en Barbate e alí tivo lugar o seu debut, o 16 de agosto de 1962, data na que se enfrontou con reses de Núñez Polavieja. En 1964 interveu na súa primeira novillada na praza de touros de Cádiz. En Sevilla o 1 de maio de 1966 cortou tres orellas nunha novillada na que lle acompañaron Pepe Luis Segura e Manolo Sanlúcar.

Tomou a alternativa como matador de touros na Praza Monumental de Barcelona o 17 de xullo de 1966 actuando como padriño Paco Camino e a confirmación celebrouse en Madrid o 18 de maio de 1967.

Morte en Pozoblanco editar

O 26 de setembro de 1984 na praza de Pozoblanco (Córdoba), compartindo cartel co Yiyo e El Soro, foi collido polo touro Avispado, da gandería de Sayalero y Bandrés. A cornada rompeulle as veas ilíaca, safena e a arteria femoral.

A cámara de Antonio Salmoral rexistrou a traxedia e mesmo escenas do toureiro falando na enfermería. Paquirri, aínda consciente, e cunha notable tranquilidade, dadas as circunstancias, explicaba ao doutor Eliseo Morán o tamaño e a traxectoria da ferida: «Doutor, eu quero falar con vostede ou non me vou a quedar tranquilo. A cornada é forte. Ten polo menos dúas traxectorias, unha para acá e outra cara alá. Abra todo o que teña que abrir, o demais está nas súas mans. E tranquilo, doutor».

O toureiro non puido ser ben atendido debido ás limitacións da enfermería e, sen poder conterlle a hemorraxia, faleceu cando percorría o 93 km que lle separaban do Hospital Reina Sofía de Córdoba, en plena estrada N-432, á altura de Cerro Muriano. Nun intento desesperado, continuouse viaxe ata o Hospital Militar, o máis próximo, coa esperanza de conseguir reanimalo alí, con todo, nada se puido facer por reverter a parada cardiorrespiratoria que sufrira.

Dous días despois, miles de persoas déronlle o último adeus na Praza de La Maestranza de Sevilla. Foi enterrado no Cemiterio de San Fernando, na capital andaluza.[1]

Aquel cartel foi chamado "o Cartel maldito de Pozoblanco", pola morte do Yiyo once meses despois en circunstancias similares, e o collida ano máis tarde de El Soro que sufriría unha lesión de xeonllo que o retirou da profesión para sempre. Paquirri e o Yiyo seguen sendo ata a data os dous últimos toureiros en morrer nunha corrida en España.

Aínda que segundo o médico que o atendeu, a cornada non era mortal, Paquirri faleceu no traslado desde Pozoblanco ao hospital de Córdoba. A súa morte debeuse a un fatal cúmulo de circunstancias: os servizos sanitarios con que contaba a praza eran moi limitados, foi trasladado nunha ambulancia convencional e a estrada que unía ambas as localidades estaba en malas condicións. A transcendencia que a súa morte tivo na prensa contribuíu a cambiar a lexislación de espectáculos taurinos obrigando a que as prazas de todas as categorías dispuxesen de unidades UVI móbiles, e a que as prazas de 1ª e 2ª categorías contasen con quirófanos convenientemente equipados.

Vida persoal editar

Contraeu matrimonio o 16 de febreiro de 1973 con Carmen Ordóñez, filla do matador Antonio Ordóñez, na basílica de San Francisco el Grande de Madrid. Froito deste matrimonio naceron dous fillos (ambos os dous toureiros): Francisco e Cayetano. Paquirri e Carmen puxeron fin ao seu matrimonio en 1979.

O 30 de abril de 1983 volveu casar, nesta ocasión coa cantante Isabel Pantoja, na basílica de Jesús del Gran Poder de Sevilla. Este matrimonio só tivo un fillo: Francisco José Rivera Pantoja, alcumado Paquirrín e coñecido como Kiko Rivera.

Mantivo unha relación con Lolita Flores, filla de Lola Flores, e tamén con Bárbara Rey.

Notas editar

  1. Patricia Navarro. «'Tranquilo, doctor'. Las palabras del torero que conmovió a España». La Razón. 20 de setembro de 2009 (pp. 76–77).