Francisco Ponzán Vidal
Francisco Ponzán Vidal, nado en Oviedo o 30 de marzo de 1911 e finado en Buzet (Francia) o 17 de agosto de 1944, foi un mestre e político español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de marzo de 1911 Oviedo, España |
Morte | 17 de agosto de 1944 (33 anos) Buzet-sur-Tarn, Francia |
Outros nomes | Paco Guriato el Gafas |
Actividade | |
Ocupación | mestre, membro da resistencia francesa, anarcosindicalista, oposición ao franquismo |
Membro de | |
Profesores | Ramón Acín Aquilué |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española segunda guerra mundial |
Familia | |
Irmáns | Pilar Ponzán |
Traxectoria
editarResidiu en Huesca desde moi novo. Militante da CNT. Na II República foi mestre na escola de Corzón (Mazaricos) e desde xaneiro de 1936 na de Camelle (Camariñas). Asesorou ao Sindicato de Oficios Varios de UGT de Ponte do Porto, principalmente ao seu líder e presidente Rogelio Mazaeda. O 15 de xullo trasladouse a Huesca para pasar as vacacións e alí pillouno o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Enrolouse no exército da República. Coa derrota republicana pasou a Francia, onde colaborou coa resistencia e coa organización para a evasión de pilotos aliados que caían en Francia. Foi detido polos franceses de Vichy e entregado aos nazis. Morreu con 33 anos queimado polos nazis en Buzet-sur-Tarn.
Recoñecementos
editar- Foi recoñecido e condecorado a título póstumo polos gobernos e exércitos de Francia, Reino Unido e Estados Unidos, pero non por España.
- O concello de Tolosa, presidido polo alcalde M. Pierre Cohen, dedicou un paseo na súa honra.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- La Red de Evasión del Grupo Ponzán. Anarquistas en la guerra secreta contra el franquismo y el nazismo (1936-1944), Antonio Téllez Solá, Editorial Virus, Barcelona, 1996.
- Las montañas de la libertad, Josep Calvet, Alianza Editorial, Madrid, 2010.
- Lucha y muerte por la Libertad, 1936-1945. Francisco Ponzán Vidal y la Red de Evasión Pat O'Leary 1940-1944, Pilar Ponzán Vidal, Tot Editorial, Barcelona 1996.
- L'histoire de Pat O'Leary, Vincent Brome, Ed. Amiot-Dumont, París, 1957 (trad. inglesa: The Way Back. The Story of Lieut-Commander Pat O'Leary, The Companion Book Club, Londres, 1958.
- Pasión y muerte de los españoles en Francia, Federica Montseny, Ed. Espoir, Toulouse, 1969 (publicado anteriormente en fascículos en 1949-1950).
- Doble jeu pour la France. 1939-1944, Robert Terrés, Ed. Grásset et Fasquelle, París, 1977.
- Jacques, l'ami d'Achille, un agent français de la guerre secréte. Reseau d'evasions, Jacques Wattebled, Ed. Chassany, París, 1946.
- Documentació diversa de Francisco Ponzán Vidal 1936-1979. Barcelona : CRAI Biblioteca del Pavelló de la República, 2006.