Francisco Guterres

político timorense

Francisco Guterres da Costa, popularmente coñecido como Lú-Olo, nado en Viqueque o 7 de setembro de 1954, é un profesor, exguerrillero e político de Timor Leste, sendo dende o 20 de maio de 2017 o presidente do país. É tamén o presidente da Fronte Revolucionaria de Timor Leste Independente (FRETILIN). Foi presidente do Parlamento Nacional de Timor Leste de 2002 a 2007. Concorreu ás eleccións presidenciais como candidato do FRETILIN nas eleccións presidenciais de 2007 e as de 2012 pero foi derrotado na segunda volta por candidatos independentes en ambas as ocasións. Nas eleccións presidenciais de 2017 recibiu o apoio do anterior primeiro ministro, Xanana Gusmão, e do Congreso Nacional de Reconstrución de Timor Leste e logrou o 57 % dos votos en primeira volta.[1]

Francisco Guterres
2017-08-14 Francisco Guterres.jpg
Nacemento7 de setembro de 1954
Lugar de nacementoOssu
NacionalidadeTimor Leste
Ocupaciónpolítico
CónxuxeCidália Lopes Nobre Mouzinho Guterres
Francisco Guterres Lu-Olo Assinatura.jpg
editar datos en Wikidata ]

Vida persoalEditar

Guterres está casado con Cedália Lopes e ten catro fillos: Francisco, Eldino, Felezito e Dália.[2]

NotasEditar

  1. "Francisco Guterres set to become East Timor’s fourth president". The Australian. 22 de marzo de 2017. Consultado o 22 de marzo de 2017. 
  2. "Francisco Guterres: profesor, guerrillero, político y jefe de Estado". La Vanguardia (en castelán). 20 de maio de 2017. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2019. Consultado o 10 de xuño de 2019.