Presidente de Timor Leste

categoría de Wikimedia

Timor Leste tornouse independente de Portugal o 28 de novembro de 1975. Francisco Xavier do Amaral foi o seu primeiro presidente, pero gobernou soamente ata o 7 de decembro de 1975, día en que Indonesia invadiu o país.

Brasón de Timor Oriental

Timor Leste permaneceu baixo a ocupación indonesia ata que o 30 de agosto de 1999 a súa poboación votou masivamente pola independencia nun referendo supervisado pola ONU. Debido ós ataques de milicias rebeldes que non aceptaron o resultado do referendo, a ONU mantivo o territorio baixo a súa administración ata o 20 de maio de 2002, cando o país novamente recuperou a independencia. Xanana Gusmão foi o seu primeiro presidente electo.

Presidentes de Timor Leste (2002 - presente)Editar

Segundo a constitución, o presidente é o xefe de estado de Timor Leste. É electo pola poboación para un período de 5 anos. Esta é unha lista dos presidentes do país desde 2002.

Presidente Entrada Saída Primeiros Ministros
Kay Rala Xanana Gusmão 20 de maio de 2002 20 de maio de 2007 Mari Alkatiri (2002-2006)
José Ramos Horta (2006-2007)
José Ramos-Horta 20 de maio de 2007 20 de maio de 2012 Estanislau da Silva (2007)
Xanana Gusmão (2007-2015)
Vicente Guterres (interino) 11 de febreiro de 2008 13 de febreiro de 2008 Xanana Gusmão (2007-2015)
Fernando de Araújo (interino) 13 de febreiro de 2008 17 de abril de 2008 Xanana Gusmão (2007-2015)
Taur Matan Ruak 20 de maio de 2012 20 de maio de 2017 Xanana Gusmão (2007-2015)

Rui Maria de Araújo (2015-2017)

Francisco Guterres 20 de maio de 2017 20 de maio de 2022 Rui Maria de Araújo (2015-2017)

Mari Alkatiri (2017-2018)

Taur Matan Ruak (2018-)

José Ramos-Horta 20 de maio de 2022 presente Taur Matan Ruak (2018-)