Francisco Guitián Ojea

edafólogo galego


Francisco Guitián Ojea, nado na Teixeira en 1921 e finado en Santiago de Compostela o 21 de abril de 2009,[1] foi un edafólogo galego.[2]

Infotaula de personaFrancisco Guitián Ojea
Biografía
Nacemento1921 Editar o valor em Wikidata
A Teixeira, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de abril de 2009 Editar o valor em Wikidata (87/88 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Director de teseManuel Muñoz Taboadela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEdafoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónquímico , farmacéutico , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoTarsy Carballas e Francisco Díaz-Fierros Editar o valor em Wikidata

BNE: XX958637 Dialnet: 321265

Traxectoria

editar

Estudos secundaria en Ourense e Monforte de Lemos, e non puido proseguir os estudos na universidade ao ser mobilizado por mor da guerra civil española. Estudou na Universidade de Santiago de Compostela, e en 1943 rematou de forma simultánea Químicas por ensinanza oficial e Farmacia por libre.

En 1943 foi profesor axudante de clases prácticas de química analítica con Francisco Bermejo Martínez Entre 1944 e 1946 foi mobilizado de novo como oficial de complemento de artillaría, e traballou facendo levantamentos topográficos na provincia da Coruña. De 1947 a 1953 traballou no sector privado como químico na empresa Libersa, dedicada a explotacións forestais e mineiras, facendo prospeccións na provincia da Coruña. Foi tamén director técnico do Laboratorio Farmacológico Español, con sede en Pitelos (Santiago de Compostela), que creara Francisco García-Valdecasas Santamaría.

En 1954 regresou á universidade da man de Manuel Muñoz Taboadela. Doutorouse en 1955 en Farmacia coa tese Sobre el encalado de los suelos de zona húmeda, e en 1957 en Ciencias coa tese Capacidad de cambio de cationes y grado de saturación. En 1956 comezou como colaborador temporal no Consello Superior de Investigacións Científicas, e o ano seguinte acadou a praza de profesor adxunto. Tamén en 1957 recibiu unha bolsa da Fundación Juan March, e en 1958 pasou a ser xefe de sección de corrección de solos do Instituto de Edafoloxía e Fisioloxía Vexetal. Realizou investigacións sobre a acedume dos solos de zona húmida e a corrección mediante o encalado. Participou en estudos agrobiolóxicos e en traballos cartográficos. No ano 1963 realizou unha estancia no Laboratoire des Sols do INRA de Quimper (Bretaña) para traballar sobre a presenza do cobre en solos.

Tras o falecemento de Manuel Muñoz Taboadela en 1963 substituíuno como director de tese de Tarsy Carballas e Elsa Martínez, e proseguiu algúns dos seus traballos de investigación. En 1967 dirixiu a tese de doutoramento de Francisco Díaz-Fierros Viqueira. E 1971 acadou a praza de catedrático de Edafoloxía na Universidade de Santiago de Compostela.

Entre 1969 e 1971 promoveu, coa empresa mineira Rio Tinto, a prospección xeoquímica do terreo nas minas de Touro e Aríns. En 1971 traballou coa empresa Calfensa para a creación de dúas estacións lisimétricas, Instituto de Edafoloxía e Agrobioloxía de Santiago e no Instituto Fingoy de Lugo. En 1973 comezou a traballar con Cerámica de Sargadelos para a caracterización dos materiais cerámicos. Traballou tamén na xestión dos entullos das minas das centrais térmicas das Pontes de García Rodríguez e Meirama.

Foi Director do Colexio Universitario de Ourense, decano da Facultade de Farmacia entre 1975 a 1978, académico numerario da Academia Galega de Ciencias e membro correspondente da Real Academia Galega.

  • Técnicas de análisis de suelos (CSIC, 1964)
  • Suelos naturales de la provincia de Lugo (CSIC, 1982; con Tarsy Carballas e Manuel Muñoz Taboadela)
  • Suelos naturales de la provincia de Orense (CSIC, 1982; con Tarsy Carballas)
  • Suelos naturales de Cantabria (CSIC, 1985; con Tarsy Carballas, Francisco Díaz-Fierros e Miguel Ángel Plata-Astray)
  • Suelos naturales de Asturias (CSIC, 1985; con Tarsy Carballas, Manuel Muñoz Taboadela e F. Alberto Jiménez)
  • Atlas Geoquímico de Galicia (Xunta de Galicia, 1992)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Calleja Suárez, J. Mª, ed. (2006). Doutores pola USC da Facultade de Farmacia. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. 
  • Carballas, T.; Díaz-Fierros, F.; Macías, F. (2003). 50 Aniversario de la Edafología en Galicia. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. 
  • Gurriarán, R. (2006). Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. 
  • Máiz Eleizegui, L. (1961). Historia de la enseñanza de Farmacia en Santiago. Cien años de vida de la Facultad (1857-1957). Santiago de Compostela: Facultade de Farmacia.