Francisco Fernández García
Francisco Fernando Fernández García, coñecido como Pedrosa, nado en Ferrol o 19 de abril de 1865, foi un mestre, político e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de abril de 1865 ![]() Ferrol, España ![]() |
Morte | valor descoñecido ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político, xornalista ![]() |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español ![]() |
Pseudónimo literario | Pedrosa ![]() |
Traxectoria
editarComezou a traballar como aprendiz mecánico no Arsenal. Fixo o servizo militar no Batallón de Cazadores de Reus nº 16. Tipógrafo e mestre, pertenceu á Masonería. Republicano, a partir de 1890 coverteuse nun activista socialista, sendo elixido presidente da Agrupación Socialista de Ferrol en 1891. En febreiro de 1892 acompañou a Pablo Iglesias Posse na súa xira por Galicia. Foi elixido concelleiro de Ferrol polo distrito do Esteiro en maio de 1895, o primeiro concelleiro socialista de Galicia. Dirixiu El Obrero, polo que foi procesado por ataques ao goberno en 1897,[1] La Voz del Obrero, El Progreso, foi redactor e director de El Clamor Público na súa segunda etapa (1899-1901), e dirixiu El Bien del Obrero (1900) e Antorcha Social (1901-1904). Escribiu a obra de teatro Pretensiones de un burgués, que foi representada nunha festa obreira celebrada no Teatro Romea en marzo de 1896. En 1906 emigrou a Buenos Aires, onde se perde a súa pista.
Notas
editar- ↑ El Correo Gallego, 15-12-1897, p. 1.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Fernández Fernández, Eliseo (2005). Obreirismo ferrolán. Vigo: A Nosa Terra. pp. 135–136. ISBN 84-96403-42-4.
- López-Dafonte Sanjuán, José María (2024). "Francisco Fernández García, paladín del socialismo ferrolano durante la Restauración". Nalgures (22): 381–442.
- López-Dafonte Sanjuán, José María (2024). "Francisco Fernández García, un epígono de Pablo Iglesias: Un marxista en el Batallón de Cazadores de Reus nº 16, en la maestranza del Arsenal ferrolano y otras consideraciones" (PDF). Nalgures (22): 381–442.