Francisco Fanhais

Francisco Fanhais, coñecido popular e artisticamente como o Padre Fanhais, nado na Praia de Ribatejo o 17 de maio de 1941, é un crego e cantante portugués de música de intervención.

TraxectoriaEditar

Fanhais entrou no seminario con dez anos, sendo ordenado sacerdote en 1964. Dende os seus inicios estivo vencellado ao catolicismo progresista, oposto ao réxime de Salazar, especialmente dende a carta do bispo do Porto ao ditador, no ano 1958. Polas súas actividades políticas, pasará a ser o máximo expoñente público de tal movemento.

Debuta no mundo musical portugués coa súa participación no programa Zip-Zip, se ben o seu primeiro traballo, Cantilenas, non apareceu até 1969. Aparece na capa do primeiro numero da revista MC - Mundo da Canção, editada o 19 de decembro de 1969.

O seu álbum Canções da Cidade Nova, foi editado en 1970. Nesa época o réxime cebouse con el, prohibíndoselle cantar, exercer o sacerdocio e dar clase nas escolas oficiais. No ano 1971 decide exiliarse no Estado francés. Vólvese tamén militante da LUAR.

Regresa a Portugal despois do 25 de abril de 1974 e colabora nas campañas de dinamización cultural do MFA. En 1975 é un dos participantes no disco República de José Afonso, gravado en directo en Italia.

Colabora tamén no disco Ao Vivo no Coliseu, de José Afonso, no que aparece como parte dos coros do "Natal dos Simples".

En 1993 con Manuel e Pedro Barroso presenta o espectáculo "Encontro". En 1995 recibe a Ordem da Liberdade con ocasión das conmemoracións do día 10 de xuño.

A editora Strauss reeditou, en 1998, o disco Canções da Cidade Nova co novo título de Dedicatória. Como capa foi colocado o manuscrito da dedicatoria de José Afonso que aparecía na contracapa da edición orixinal e que di: "Tu que cantas defronte, de faces atentas e seguras, faz do teu canto uma funda, nesse lugar, entre outras mãos mais fortes e mais duras, te estenderei a minha mão fraterna. Canta, amigo".

DiscografíaEditar

  • Cantilenas (1969)
  • Canções da Cidade Nova (1970)
  • "Corpo Renascido"/"Canção da Cidade Nova"/"Porque Descalça vai para a Fonte" (EP, Zip-Zip)
  • Dedicatória (Strauss, 1998) (reedición de Cantilenas con nova capa).
  • Cantilena (EP, Orfeu) "Cantilena"/"Juventude"/"Areia da Praia"/"Canção do Vento" - Orfeu ATEP6325