Francisco Castaño Riadigos

futbolista español

Francisco "Fran" Castaño Riádigos, nado en Lalín o 12 de febreiro de 1985, é un futbolista galego. Xoga de centrocampista.

Fran Castaño
Información persoal
Nome Francisco Castaño Riádigos
Nacemento 12 de febreiro de 1985 (39 anos)
Lugar de nacemento Lalín
Altura 1,85 m.
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2004–2005 Portonovo
2005–2008 Pontevedra B
2007–2008 Pontevedra 2 (0)
2008–2010 Cerceda
2010–2011 Vilalonga
2011–2012 Portonovo
2012–2014 Ribadumia
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou xogando no equipo do colexio Sagrado Corazón ata a categoría infantil, cando pasou ó Pontevedra CF. Tras pasar polo equipo cadete pasou ó equipo xuvenil que logrou o ascenso á División de Honra, onde logrou a segunda posición por detrás do Sporting de Xixón. Foi seleccionado por Iñaki Sáez para un adestramento da Selección Sub-17 da selección española, aínda que non chegou a xogar. Si o fixo nas categorías inferiores da selección galega, xunto a varios dos seus compañeiros.

Tras varias tempadas realizando a pretemporada co primeiro equipo, fixo unha paréntese na tempada 2005-06 para xogar como cedido co Portonovo SD na terceira división, acumulando minutos nesa categoría. A tempada seguinte regresou ó Pontevedra CF para actuar no filial en Rexional Preferente, conseguindo o ascenso á terceira división. Foi peza importante no centro do campo do filial granate e un fixo nas aliñacións. Na campaña 2007-08 tivo ficha co primeiro equipo.

Na tempada 2008–09 firmou co CCD Cerceda, de Terceira División. No club cercedense permaneceu dúas campañas.

Na tempada 2010–11 fichou polo Villalonga CF, de Terceira División.

Na tempada 2011–12 firmou co Portonovo SD, volvendo anos despois á que fora a súa casa. Estivo unha tempada no club sanxenxino, xogando en Preferente Autonómica.

Na tempada 2012–13 fichou polo Ribadumia CF, de Preferente Autonómica. Estivo dúas tempadas no club ribadumiense.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar