Francis John Byrne

historiador irlandés

Francis John Byrne, nado en 1934 e finado o 30 de decembro de 2017,[1] foi un historiador irlandés.

Infotaula de personaFrancis John Byrne
Biografía
Nacemento1934 Editar o valor em Wikidata
Shanghai, República Popular da China Editar o valor em Wikidata
Morte30 de decembro de 2017 Editar o valor em Wikidata (82/83 anos)
Dublín, Irlanda Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIrlanda Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity College Dublin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónautor , historiador Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado en Shanghai, onde o seu pai, un home de Dundalk, era capitán dun barco no río Amarelo, Byrne foi evacuado coa súa nai a Australia cando estoupou a segunda guerra mundial. Despois da guerra, a súa nai regresou a Irlanda, mentres que o seu pai father, que sobrevivira como prisioneiro en mans dos xaponeses, volveu ocupar o traballo como mestre do porto.

Byrne asistiu ó Blackrock College no Condado de Dublín, onde aprendeu latín e grego antigo, ademais do chinés que aprendeu na súa estadía en Shanghai. Estuou Historia antiga de Irlanda na University College Dublin, onde se graduou con honras. Estudou paleografía e latín medieval en Alemaña, e despois foi lector de linguas celtas en Suecia, antes de regresar á University College en 1964 para ocupar unha cátedra

A obra máis coñecida de Byrne é Irish Kings and High-Kings (1973). Foi editor adxunto de New History of Ireland (9 volumes) da Real Academia de Irlanda. Publicouse un festschrift na súa honra en 1999 coa edición do seu antigo alumno Alfred P. Smyth.

Notas editar