Francesillo de Zúñiga

Francés de Zúñiga, chamado Francesillo por Adolfo de Castro, nado en Béjar (provincia de Salamanca) cara a 1480 e finado en 1532, foi un escritor e historiador castelán, bufón de Carlos V.

Infotaula de personaFrancesillo de Zúñiga
Biografía
Nacemento1490 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Béjar Editar o valor em Wikidata
Morte1532 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (41/42 anos)
Béjar Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , historiador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Durante un tempo creuse que era de orixe navarra. De todas as maneiras, os seus antepasados foron de indubidábel sangue xudaica. Na súa adolescencia foi xastre. A comezos do século XVI entrou ao servizo do Duque de Béjar don Álvaro de Zúñiga, en cuxa compaña estivo moitos anos e de quen adoptou o apelido; contra 1505 casou con Isabel de la Serna, con quen tivo unha filla e un fillo, Mariana e Álvaro.

Cando en 1517 veu a España Carlos V, seguía ao seu servizo e estivo nas Cortes de Valladolid de 1518. Participou co Duque de Béjar na viaxe que fixo Carlos V polo oriente da Península ata xaneiro de 1520. Tras estalar a guerra das comunidades, estivo na batalla de Villalar, no cerco dos franceses a Logroño en 1521 e na rendición de Toledo en febreiro de 1522. No remate dese ano, entra ao servizo do emperador como bufón e concédeselle privilexio para fundar un morgado na persoa do seu fillo Álvaro. En xaneiro de 1523 chega á corte o marqués de Pescara, con quen fixo unha grande amizade, que se patentiza no Epistolario que se conserva con el.

Escribiu unha crónica satírica titulada Coronica istoria (sic) , que comezou a escribir en 1525. Tal crónica conta feitos que chegan ata 1529 e difundiuse de forma manuscrita. Reflecte o ambiente cortesan desde un prisma grotesco, caricaturesco e satírico que preludia o estilo de Francisco de Quevedo, aínda que sen a súa riqueza verbal; malicioso, non se detén ante a liñaxe de ningún personaxe, circunstancia que lle ocasionou unha morte violenta. O seu estilo é pre-esperpéntico e recorda a Valle-Inclán: degrada as persoas con animalizaciòns e metáforas descendentes, e contrastando o serio e o ridículo. Utiliza abundantRamón María del Valle-Inclán|es xogos de palabras e precisa moi ben os datos que inclúe na súa crónica.

Bibliografía do autor editar

  • Crónica burlesca del emperador Carlos V; edición, introdución e notas de Diane Pamp de Valle-Arce. Barcelona: Crítica, 1981.
  • «Crónica de don Francesillo de Zúñiga», edición de Pascual Gayangos, en Curiosidades bibliográficas, BAE, XXXVI, 1855, pp. 9–54.
  • Crónica burlesca del emperador Carlos V, edición de José Antonio Sánchez Paso, Salamanca: Universidad, 1989.
  • «Epistolario», edición de Pascual de Gayangos, en Curiosidades bibliográficas, BAE, XXXVI, 1855, pp. 55–62.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar