Francesco Morone

pintor italiano

Francesco Morone, nado en Verona cara a 1471 e finado o 16 de maio de 1529, foi un pintor italiano do Renacemento.

Francesco Morone
Nacemento1471
Lugar de nacementoVerona
Falecemento26 de maio de 1529
Lugar de falecementoVerona
NacionalidadeRepública de Venecia
Ocupaciónpintor
InfluenciasGiovanni Bellini, Antonello da Messina e Andrea Mantegna
editar datos en Wikidata ]
F. Morone: Sansón e Dalila (Milán, Museo Poldi Pezzoli).

Biografía editar

Fillo e alumno de Domenico Morone, inspirouse na obra deste, pero foi nidiamente influenciado pola arte de Giovanni Bellini, Antonello da Messina e Andrea Mantegna, como é evidente na Crucifixión (asinada e datada en 1498), conservada na igrexa de San Bernardino de Verona. Nos anos de transición do século XVI o seu estilo fíxose máis mórbido, aproximándose ao leonardesco de Francesco Bonsignori, como nas dúas versións da Madonna con Neno da Pinacoteca de Brera e da National Gallery de Londres, no Sansón e Dalila do Museo Poldi Pezzoli ou nos frescos de Santa Clara en Verona).

Véxase tamén editar

Outros artigos editar