Francesco Masala, nado en Nughedu San Nicolò o 17 de setembro de 1916 e finado en Cagliari o 23 de xaneiro de 2007 foi un poeta e ensaísta sardo en lingua italiana e sarda.

Infotaula de personaFrancesco Masala
Biografía
Nacemento17 de setembro de 1916 Editar o valor em Wikidata
Nughedu San Nicolò, Italia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte23 de xaneiro de 2007 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
Cagliari, Italia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia (1946–2007)
Reino de Italia (1916–1946) Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Roma La Sapienza Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana e Lingua sarda Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Musicbrainz: de471281-b143-4713-a3a0-b19bf8079003 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou en Ozieri e Sassari. Gradouse en filosofía e letras na Universidade La Sapienza de Roma coa tese Il Teatro di Luigi Pirandello con Natalino Sapegno como relator.

Como poeta, en 1951 recibiu o Premio Grazia Deledda, e en 1956 o Premio Chianciano por Pane nero. En 1962 publicou Quelli dalle labbra bianche, co editor Giangiacomo Feltrinelli, e en 1981 a antoloxía bilingüe Poesias in duas limbas con Vanni Scheiwiller.

A súa obra máis coñecida é Quelli dalle labbra bianche, que en 1999 tivo unha adptación cinematográfica dirixida por Piero Livi. Foi presidente da comisión do Premio literario en sardo Città di Ozieri, e en 1978 do Comitadu prol sa limba, que foi promotor da Proposta de Lei de Iniciativa Popular polo Bilingüismo Perfecto en Sardeña, a partir da cal xurdiu a Lei da Rexión Autónoma de Sardeña o 17 de outubro de 1997.

Nos eidos cultural e político mantivo importantes vínculos con persoeiros do talle de Emilio Lussu, Aldo Capitini, Giuseppe Dessì ou Salvatore Cambosu.

Obra[1] editar

  • Il vento. Pane nero, Siena, Maia, 1960
  • Lettera della moglie dell’emigrato, Milán, Feltrinelli, 1968
  • Storia dei vinti. Milán, Jaca Book, 1968
  • Il riso sardonico, Cagliari, GIA, 1984.
  • Il parroco di Arasolè, Il Maestrale, Nuoro 2001
  • Storia del teatro sardo. Storia della produzione teatrale in Sardegna, Quartu Sant'Elena, Alfa editrice, 1987
  • Storia dell’acqua in Sardegna, Cagliari, EAF, 1987
  • Quelli dalle labbra bianche, Il Maestrale, Nuoro 1995. ISBN 88-89801-72-7
  • Poesias in duas limbas. Milán 1981 e Nuoro 2006

Notas editar

  1. É soamente unha escolma e polo tanto está incompleta.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Giovanni Mameli, "I novant'anni di Francesco Masala, uno storico dei vinti", en Il Messaggero Sardo, decembro de 2006, páx. 19. Consultábel e liña Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. (en italiano)

Ligazóns externas editar