Fran Estévez
Francisco José Estévez García nado en Vilagarcía de Arousa o 11 de abril de 1980, é un director e guionista galego.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de abril de 1980 (44 anos) Vilagarcía de Arousa, España |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema |
Período de actividade | 2001 - |
Traxectoria
editarFormou parte da primeira promoción da Escola Superior de Artes Cinematográficas de Galicia. É fundador de Hipotálamo Films, coa que en 2004 dirixiu Metamorfosis, adaptación do relato de Franz Kafka.
No 2005 colaborou na mediometraxe La Canción de Fémerlin de Manuel Pena, para a que compuxo a música pianística, ademais da montaxe en estilo de cine mudo. Realizou tamén a micrometraxe El Humanoide (2007) e a curta experimental Titanio & Plutonio (2010).[2]
No 2013, estreou Idiotas, protagonizada por un rapaz cunha discapacidade e o seu can falador que atopan uns misteriosos globos por toda a cidade de Santiago de Compostela cunha curiosa mensaxe: "Desínflame poco a poco...".[3]
Filmografía
editar- Hipotálamo. Director, produtor, guionista e músico. (2002)
- Ruido Blanco. Montador e músico. (2002)
- Fandango. Director e montador. (2003)
- Ipso Facto. Montador e músico. (2003)
- Equinoccio. Director e guionista. (2003)
- Metamorfosis. Director, guionista, montador, sonidista e músico. (2004)
- A Canción de Fémerlin. Axudante de dirección, montador e músico. (2005)
- El Humanoide. Director, actor (contorsionista), montador e sonidista. (2007)
- Titanio & Plutonio. Director, actor, postprodutor e músico. (2010)
- Idiotas. Director, produtor, escritor, postprodutor e músico. (2013)
Notas
editar- ↑ "Fran Estévez, director e guionista". TVG. 6 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 10 de maio de 2015.
- ↑ "Un corto sobre la felicidad". Faro de Vigo (en español). 14 de febreiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 6 de maio de 2015.
- ↑ Estevez, Rosa (25 de novembro de 2014). ""Idiotas" o el triunfo del cine gallego fuera de Galicia". La Voz de Galicia (en español). Consultado o 6 de maio de 2015.