Fran Cárdenas

baloncestista español

Francisco Javier Cárdenas Maldonado, coñecido coma Fran Cárdenas, nado o 3 de outubro de 1990 en La Palma del Condado, Huelva, é un xogador profesional de baloncesto español que xoga para o CB Ciudad de Huelva da Liga EBA. Cunha estatura de 1,78 metros xoga na posición de base.

Fran Cárdenas
Huelva La Luz
Información persoal
Nacemento 3 de outubro de 1990 (33 anos)
España La Palma del Condado (Huelva)
Nacionalidade España España
Altura 1,78 m (5 ft 10 in)
Peso oficial 75 kg (165 lb)
Posición Base
Liga Liga EBA
Información da carreira
Carreira dende 2008
Historial de equipos

España Qalat Cajasol (2008–2010)
Galicia Cruz Alta (2010–2011)
Galicia Ourense (2011–2012)
España Oviedo (2012–2014)
Galicia Obradoiro CAB (2014–2017)
España Oviedo (2017–2019)
España Peñas Huesca (2019–2020)
España Cáceres (2020–2021)
España Huelva La Luz (2021–presente)

Traxectoria profesional editar

O 20 de xuño de 2014, anunciouse a súa fichaxe polo Obradoiro CAB da Liga ACB.[1] Na súa primeira tempada na máxima categoría foi o terceiro base do equipo, e acadou 2.0 puntos e 1.2 asistencias en 23 partidos nos que participou. O 18 de xuño de 2015, renovou o seu contrato co Obradoiro por unha tempada máis.[2]

Notas editar

  1. "Rio Natura Monbus incorpora a Fran Cárdenas". Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2014. Consultado o 20 de agosto de 2014. 
  2. "El Rio Natura Monbus Obradoiro y Fran Cárdenas renuevan su contrato por una temporada". Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2015. Consultado o 18 de xuño de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar