Fractura de cúbito e radio
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2022.) |
A fractura de cúbito e radio é, como o seu propio nome indica, a fractura de ámbolos dous ósos do antebrazo, o cúbito me mais o radio. É bastante frecuente en nenos. Pode ser ocasionada por un traumatismo directo, unha caída ou un accidente deportivo, ou un traumatismo indirecto. Nos adultos é máis infrecuente, e adoitan estar provocadas por accidentes de tránsito.
Tratamento
editarO tratamento adoita ser ortopédico en nenos, a non ser que a fractura se atope desprazada. Ás veces pode ser imposible a redución e pode ser necesaria unha manobra de Lambotte. En adultos o tratamento é sempre cirúrxico mediante unha placa de osteosíntese. En fracturas abertas, porén, han de empregarse fixadores externos en lugar de osteosíntese. Neste tipo de fracturas poden aparecer complicacións do tratamento. A máis habitual é a pseudoartrose. Tamén son frecuentes a infección da ferida, a limitación da mobilidade (a pronosupinación queda limitada ao estaren afectados cúbito e radio), a sinostose radiocubital e a síndrome compartimental.