Osteosíntese
En cirurxía ortopédica, unha osteosíntese é a redución e fixación dunha fractura por medio de dispositivos especiais, polo xeral feitos de metal. Consiste nun procedemento cirúrxico ben aberto, ben por intervención percutánea, no que se pretende aproximar e fixar os diferentes fragmentos dunha fractura para que permanezan xuntos e así pode inmobilizala mentres a curación e reparación do óso ten lugar. Para levar a termo a osteosíntese empréganse diferentes dispositivos coma placas, cravos, parafusos, arames, agullas e pins, entre outros. Tradicionalmente estes implantes estaban feitos de aceiro, mais agora os materiais que se adoitan usar son o titanio e polímeros biasorbíbeis coma o PLLA (polímero de ácido poliláctico).