Abrir o menú principal

Frínico (comedia)

Frínico (segunda metade do V a.C.) foi un comediógrafo ateniense.

Frínico
Nacemento500 a. C.
NacionalidadeAntiga Atenas
Ocupacióncomediógrafo
editar datos en Wikidata ]

A tradición confúndeo con frecuencia co poeta tráxico homónimo.

Consérvanse o título e fragmentos de dez comedias, a primeira das cales data do 429. Enfrentouse amiúdo con Aristófanes en certames dramáticos. N' O solitario (que competiu en 414 co' As aves de Aristófanes), aparecía a figura do misántropo (utilizada anteriomente por Ferécrates). O tema d' As musas (405) era posibelmente parecido ao d' As rás de Aristófanes. Consérvase un fragmento que trata de maneira humorística o episodio da mutilación das hermas en Atenas en 415, durante a Guerra do Peloponeso.