Frínico (traxedia)
Frínico, nado no VI e finado no V a.C., foi un poeta tráxico ateniense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 535 a. C. ![]() Atenas, Grecia ![]() |
Morte | século V a. C. (>476 a. C.) ![]() Sicilia, Italia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor de traxedia, poeta, escritor ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Polyphrasmon ![]() |
Pai | Polyphradmon ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru ![]() |
Traxectoria
editarFrínico é considerado un dos creadores da traxedia. Foi o maior tráxico anterior a Esquilo e o máis antigo do que se ten coñecemento. Suídas atribúelle a introdución de personaxes femininos na traxedia, de máscaras e do trímetro iámbico, en lugar do tetrámetro trocaico.
Os títulos coñecidos das súas obras (só nos chegaron algúns versos) son: Os exipcios, As Danaides, Alcestes, As Fenicias e A tomada de Mileto. Esta última obra mostraba un acontecemento de actualidade, a caída da cidade diante dos persas durante as Guerras Médicas, e causou unha grande conmoción en Atenas cando se representou.