Foster the People

Foster the People é unha banda de música indie pop formada nos Ánxeles (California) en 2009. O grupo está formado por Mark Foster (voz, teclado, piano, sintetizadores, guitarra, e percusión) e Mark Pontius (percusión e coros).[2] A súa música, descrita como dance melódico infundido de pop e rock, mestura varios xéneros.

Foster the People
Foster the People no 2011. De esquerda a dereita: Pontius, Foster e Fink
OrixeÁnxeles (California), Estados Unidos de América Estados Unidos
Período2009 - presente
Xénero(s)Indie rock, rock alternativo, indietronica, alternative dance, neo-psychedelia[1]
Selo(s) discográfico(s)Startime, Columbia
MembrosMark Foster
Mark Pontius
Sean Cimino
Isom Innis
Antigos membrosCubbie Fink
Na rede
Páxina oficial
IMDB: nm4478711 Facebook: fosterthepeople Twitter: fosterthepeople Instagram: fosterthepeople Tumblr: fosterthepeople MySpace: fosterthepeople Youtube: UC-lkm1huv9jCUH28E7cKmew TikTok: fosterthepeople Souncloud: fosterthepeoplemusic Spotify: 7gP3bB2nilZXLfPHJhMdvc iTunes: 414023649 Last fm: Foster+The+People Musicbrainz: e0e1a584-dd0a-4bd1-88d1-c4c62895039d Songkick: 3120231 Discogs: 2038523 Allmusic: mn0002527840 Deezer: 417037 Genius: Foster-the-people Editar o valor em Wikidata

Foster fundou o grupo no ano 2009 despois de estar varios anos nos Ánxeles loitando por ser músico e traballando como escritor cancións de anuncios. Despois de que a cancións de Foster "Pumped Up Kicks" se convertese nun éxito viral no ano 2010, o grupo recibiu unha oferta de Startime International e conseguiu unha boa base de fans en pequenos concertos e aparicións en festivais. Despois de lanzar o seu primeiro álbum Torches en maio de 2011, "Pumped Up Kicks" converteuse nun éxito comercial e acadou o número 3 nos Billboard Hot 100.[3] A gravación tamén conta cos populares sinxelos "Helena Beat" e "Don't Stop (Color on the Walls)". O grupo recibiu dous nomeamentos ós Premios Grammy por Torches e "Pumped Up Kicks".

Despois de facer xiras durante dous anos co seu traballo Torches, Foster the People estreou o seu segundo álbum Supermodel, en marzo de 2014. Foi precedido polo sinxelo "Coming of Age".

Membros editar

 
Sean Cimino (diante) co grupo en xuño de 2011.

Membros actuais

  • Mark Foster – voz, guitarra, piano, teclado, sintetizadores, batería, percusión (2009–presente)
  • Mark Pontius – batería, percusión (2009–presente)

Membros antigos

  • Cubbie Fink – baixo, coro, teclado, sintetizadores (2009–2015)

Membros das xiras e de gravacións de estudio

  • Sean Cimino – guitarra, piano, teclado, coros (2010–presente)
  • Isom Innis – piano, teclado, batería, percusión, coros (2010–presente)
  • Phil Danyew – guitarra, piano, teclado, sintetizadores, batería, percusión, coro (2014–presente)

Liña de tempo editar

Discografía editar

Álbums de estudio editar

Álbum Ano Selo
Torches 2011 Startime, Columbia
Supermodel 2014 Columbia
Sacred Hearts Club 2017 Columbia

EPs editar

Álbum Ano Selo
Foster the People 2011 Startime, Columbia
Spotify Sessions 2014 Columbia
III 2017 Columbia

Notas editar

  1. Collar, Matt. "Foster the People". Allrovi. Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2012. Consultado o 14 de xuño de 2011. 
  2. Lester, Paul (11 de maio de 2010). The Guardian, ed. "Foster the People". Londres. Consultado o 24 de febreiro de 2011. 
  3. Billboard, ed. (19 de maio de 2011). "Foster the People Attracts Hipsters, Moms with 'Pumped Up Kicks' Single". Consultado o 3 de agosto de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar