Forzas Armadas de Xeorxia

As forzas armadas da Xeorxianas (xeorxiano: საქართველოს შეიარაღებული ძალები) son a principal forza de defensa nacional de Xeorxia. Consisten nun exército e unha forza aérea alén dunha garda nacional e a garda costeira. Segundo a constitución, o seu obxectivo principal é protexer a independencia e a soberanía do Estado e garantir a integridade territorial da nación. As forzas armadas de Xeorxia son sometidas ao Ministerio de Defensa co poder investido na figura do Presidente como o comandante en xefe[1]. Tras gañar a súa independencia no comezo da década de 1990 a ex República Soviética de Xeorxia tiña un pequeno exército creado no estándar das Forzas Armadas da Unión Soviética. No comezo da década de 2000, o país buscou unha maior aproximación con Occidente, especialmente cos Estados Unidos. Os americanos pasaron a fornecer armas aos xeorxianos, que en apoio enviaron tropas para Kosovo, Iraq e Afganistán.

Forzas Armadas de Xeorxia
Tipoforzas armadas
Data de fundación20 de decembro de 1990
SedeTbilisi
PaísXeorxia
Na rede
https://mod.gov.ge
editar datos en Wikidata ]

Durante o conflito de Osetia do Sur de 2008, o país perdeu unha grande enorme cantidade de equipos militares. Con todo, tras o conflito Xeorxia reconstruíu as súas forzas armadas importando material dos Estados Unidos e, sobre todo da Europa Oriental. En 2009, o seu poderío militar xa era superior que antes da guerra contra Rusia o ano anterior.[2]

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Notas editar

  1. "Georgia Military Strength". Páxina visitada o 7 de xullo de 2014.
  2. "Russian Army Chief Says Georgia is Rearming". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 21 de xaneiro de 2016. 



 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.