Forth
Forth ou FORTH é unha linguaxe de programación atípica para computador e ideado por Charles H. Moore e Elisabeth Rather entre os anos 1965 e 1970 no National Radio Astronomy Observatory de Kitt Peak, Arizona.
Inicialmente deseñado para unha aplicación moi concreta, a astronomía (cálculo de traxectorias de corpos en órbita, cromatografías, análise de espectros de emisión), evolucionou ata ser aplicable a case todos demais campos relacionados ou non con esa rama da ciencia (cálculos de probabilidade, bases de datos, análises estatísticas e ata financeiros).
O seu nome é unha contracción da palabra inglesa fourth, dado que os seus creadores considerábanlle destinado á cuarta xeración de computadoras, pero a primeira edición da linguaxe foi preparada para un IBM 1130, que só permitía nomes cunha lonxitude máxima de cinco letras; o seu nome quedou xa para sempre en FORTH. Posteriormente, un programa para a adquisición automática e continua de datos realizado nesta linguaxe descubriu polo menos a metade dos cúmulos interestelares coñecidos na actualidade.
Unha das súas importantes características é a utilización dunha pila de datos para pasar os argumentos entre as palabras, que son os constituíntes dun programa en Forth. (Para unha iluminadora analogía cf. Fith ).
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial de FORTH, Inc. (en inglés).
- Stack, a pila de parámetros (en inglés).
- Open Directory Project Arquivado 12 de xuño de 2006 en Wayback Machine.: unha lista de ligazóns útiles sobre a linguaxe Forth, cf. especialmente Open Firmware (en inglés).
- PFE -- Portable Forth Environment (en inglés).
- Gforth -- GNU Forth Language Environment (en inglés).
- kForth -- Small Forth Interpreter written in C++ (en inglés).
- Information on FORTH for 8-bit Home-Computer (Atari, Apple, ZX-80, ...) (en inglés).
- Fith , The Alien Language With A Lifo Grammar that specifically violated linguistic universals and could never be spoken by a human in actual practice (en inglés).
- Introdución a Forth[Ligazón morta] (en inglés).
- Referencia de Forth[Ligazón morta] (en inglés).
- Wiki acerca de Forth (en inglés).