Fornela dos Mouros
A Fornela dos Mouros ou dolmen de Aprazadoiro é un monumento megalítico situado na parroquia de Nande, no concello de Laxe. Forma parte do futuro Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.
Fornela dos Mouros | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | dolmen ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | Laxe | |||
Parroquia | Nande ![]() | |||
Contacto | ||||
Redes | ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Descrición
editarData de entre o 2500 e o 2000 a. de C. Presenta planta rectangular e está ergueito por tres lousas verticais cunha horizontal a modo de cuberta. Ten 1,35 metros de alto e 2,57 metros de largo. A pedra da cuberta mide 2,70 metros.
Pola súa forma relaciónase con outros dolmens da zona como a Casota de Freáns, no veciño concello de Vimianzo. Os historiadores cuestionan a súa consideración de dolmen por mor das súas reducidas dimensións e a súa localización nun lugar rochoso, que fan pensar nun sitio pouco propicio para os soterramentos. Argumentan que probablemente se trate dunha desas arcas megalíticas cadradas ou rectangulares, con cuberta única e de feitura moi coidada, antecedentes do que serían as cistas de inhumación individual que apareceron en Galicia a partir da Idade de Bronce.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Carballo Arceo, Xulio (xullo de 2006). Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado. Nigra Trea. ISBN 84-95364-40-9.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Fornela dos Mouros na web do Concello de Laxe.