Forquita de replicación

(Redirección desde «Forcada de replicación»)

A forcada de replicación,[1] forquita de replicación ou garfo de replicación é unha estrutura que se forma dentro do núcleo da célula durante a replicación do ADN. Constitúe o resultado da acción de varias proteínas que teñen a finalidade de abrir a dobre cadea de ADN para facilitar a replicación do material xenético, sexa ADN ou ARN. É orixinado polas proteínas helicases, que quebran as pontes de hidróxeno que ligan as dúas cadeas de ADN.

Esquema do garfo de replicación.
a) molde
b)cadea condutora
c)cadea retardada
d) forquita de replicación
e) primer
f) fragmentos de Okazaki

Outras proteínas, as SSB (single-stranded DNA binding proteins ou proteínas que se ligan ao ADN monocatenario) contribúen a manter a estabilidade da forquita de replicación. Por último, outras proteínas como a proteína DnaA ou as topoisomerases participan dunha ou doutra maneira na replicación. A estrutura resultante ten dúas ramificacións, cada unha das cales está formada por unha cadea de ADN, e que son chamadas de cadea retardada ou descontinua e cadea líder, adiantada, condutora ou continua. A ADN polimerase vai adicionando posteriormente os novos nucleótidos para as cadeas de nova síntese, seguindo a complementariedade de bases.

  1. Coordinadores: Jaime Gómez Márquez, Ana Mª Viñas Díaz e Manuel González González. Redactores: David Villar Docampo e Luís Vale Ferreira. Revisores lingüísticos: Víctor Fresco e Mª Liliana Martínez Calvo. (2010). Dicionario de bioloxía galego-castelán-inglés. (PDF). Xunta de Galicia. p. 84. ISBN 978-84-453-4973-1. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar