Football Manager é unha serie de videoxogos de simulación futbolística deseñados por Sports Interactive. A serie comezou no 1992 coma Championship Manager, pero tras romper a relación cós publicadores orixinais Eidos, Sports Interactive perdeu os dereitos no nome e renomeouno coa nova marca Football Manager xunto cós seus novos publicadores Sega. Football Manager 2009 é o último dos xogos na serie.

Edicións editar

Football Manager 2005 editar

Artigo principal: Football Manager 2005.

O 12 de febreiro do 2004, tras separarse dos publicadores Eidos Interactive, anunciouse que Sports Interactive conseguira reter os dereitos do código fonte pero non os do título Championship Manager, que mantivo Eidos. Posteriormente anunciouse que os novos xogos de simulación de Sports Interactive chamaríanse Football Manager.

Sports Interactive firmou con Sega coma o seu novo publicador, e posteriormente en abril do 2006 sega adquiríu a Sports Interactive por completo.

O primeiro xogo publicado co novo nome de Football Manager foi Football Manager 2005, tamén coñecido có sobrenome de "FM 2005".

Football Manager 2005 incluía unha interface de usuario actualizado, un motor de xogo refinado, regras das competicións e base de datos actualizada, información pre e post partido, noticias, partidos en 2D e varias outras características.

Football Manager 2005 publicouse no Reino Unido o 4 de novembro do 2004, e pouco tempo despois no resto de países do mundo.

Football Manager 2006 editar

Artigo principal: Football Manager 2006.

Football Manager 2006 para Windows e Mac OS saíu ao mercado no Reino Unido o 21 de outubro do 2005. Na súa primeira semana á venda converteuse no segundo videoxogo para PC máis vendido no Reino Unido[1]. Esencialmente foi unha actualización coa nova temporada, aínda que tamén incluíu pequenos axustes e melloras ao xogo.

Football Manager 2006 - Xbox 360 editar

A versión para Xbox 360 saíu ao mercado o 13 de abril do 2006, sendo o primeiro videoxogo para videoconsolas na serie Football Manager. Inclúe as 50 ligas xogables así coma unha base de datos de 250.000 xogadores, pero require o disco duro da Xbox para as partidas gardadas.

Football Manager Handheld editar

FM Handheld saíu por primeira vez o 13 de abril do 2006. Foi o primeiro xogo de Sports Interactive para unha videoconsola portátil. Debido ás restricións de hardware da plataforma PSP, o xogo e unha versión reducida do FM 2006, con só 6 países xogables: Inglaterra (5 ligas), Francia (2 ligas), Alemaña (2 ligas), Países Baixos (2 ligas), Italia (2 ligas) e España (2 ligas).

As diferenzas clave entre as versións Windows/Mac do xogo e esta son:

  • Non existe modo multixogador en FM Handheld.
  • Cada partida pódese xogar ata un máximo de 30 temporadas.
  • Os equipos están limitados a 36 xogadores
  • Non ten editor da base de datos (isto incluíuse no Football Manager Handheld 2007)
  • Non ten motor de partido 2D (isto incluíuse no Football Manager Handheld 2009)

Football Manager 2007 editar

Artigo principal: Football Manager 2007.

O 8 de xuño de 2006 Sports Interactive publicou os primeiros detalles do 'Football Manager 2007[2]

A primeira "demo" de FM 2007 publicouse o 1 de outubro de 2006, dispoñible en dúas versións, "vanilla" (vainilla) e "strawberry" (amorodo). O xogo saíu á venda o 18 de outubro do 2006.

As novas características con respecto ás anteriores versións do xogo incluían, entre outras, unha interacción aumentada cós medios de comunicación, novos grados de crítica aos xogadores, melloras na interacción coa xunta directiva, un sistema de olleo mellorado e a posibilidade de conseguir clubs canteira.

Football Manager 2008 editar

Artigo principal: Football Manager 2008.

FM 2008 saíu ao mercado o 18 de outubro do 2007. As novas características desta versión eran, entre outras, un pequeno radar durante os cambios tácticos, unha nova pel, sistema mellorado de toma de notas, cambio na selección de capitanes, centro de fichaxes, motor de partido mellorado e un sistema de xeración de caras para xogadores rexenerados.

Football Manager 2009 editar

Artigo principal: Football Manager 2009.

O 3 de setembro do 2008 Sports Interactive amosou un vídeo que anunciaba á saída ao mercado do xogo Football Manager 2009 o 14 de novembro. A diferenza principal con respecto a versións anteriores foi a inclusión dun motor de partido en 3D. Outras características novas foron a posibilidade de ter adestradores e persoal feminino, un novo sistema de conferencia de prensa e un sistema de fichaxes máis realista. Tamén foi a primeira versión que saíu á venda en formato DVD.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar