Fontvieille, Mónaco

(Redirección desde «Fontvieille»)

Fontvieille é un dos dez barrios do principado de Mónaco. É unha área recentemente construída sobre uns terreos gañados ao Mediterráneo durante os anos 70. Ten unha poboación de 3.300 habitantes nunha área de 0.32 km².

Modelo:Xeografía políticaFontvieille, Mónaco
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°43′40″N 7°25′05″L / 43.727696, 7.418157Coordenadas: 43°43′40″N 7°25′05″L / 43.727696, 7.418157
EstadoMónaco
Commune of Monaco (en) Traducircomuna de Mónaco Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie0,329516 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1981 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal98000 Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2MC-FO Editar o valor em Wikidata

En Fontvieille sitúase o Stade Louis II, que serve como estadio do AS Monaco FC, club de fútbol que xoga Ligue 1 de Francia; no estadio atópanse as oficinas da International University of Monaco (IUM). O estadio tamén alberga a Supercopa de Europa de fútbol, un evento anual entre os gañadores das dúas principais competicións da UEFA, a Champions League e a UEFA Cup. O distrito dispón dun heliporto, provisto de frecuentes ligazóns co aeroporto de Niza na veciña Francia, desde a cal se ten conexións directas a Nova York, Londres e outros importantes destinos de Europa.