Fontihoyuelo é un municipio localizado na bisbarra de Tierra de Campos, no norte da provincia de Valladolid, a 78 km da súa capital, na comunidade autónoma española de Castela e León.

Modelo:Xeografía políticaFontihoyuelo
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°09′43″N 5°03′26″O / 42.161944444444, -5.0572222222222Coordenadas: 42°09′43″N 5°03′26″O / 42.161944444444, -5.0572222222222
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de Valladolid Editar o valor em Wikidata
CapitalFontihoyuelo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación36 (2023) Editar o valor em Wikidata (2,12 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie17 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude802 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJorge González González (2015–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal47609 Editar o valor em Wikidata
Código INE47064 Editar o valor em Wikidata

Está atravesado polo Camiño de Santiago de Madrid.

Toponimia editar

Provén do termo Fonte Foyolo que en antigo leonés significaría 'fonte no burato', polo que se trataría dunha mestura entre hidrotopónimo e ortotopónimo que faría referencia a unha descrición física, posto que a vila atópase nunha vagoada e ten varias fontes naturais.

Ó longo da súa historia o termo foi evolucionando, atopándonos en escrituras de distintas épocas con Fuent - Fuyuelo, Ontiyuelo, Ontioyuelo, Ontigüelo, Fonte Ôyuelo, Fontefoyuelo, Fuentehoyuelo, Fuentihoyuelo, Fontihoyuelos ata chegar no século XIX ó actual Fontihoyuelo. Nalgúns textos aparece seguido por de Campos facendo referencia a súa bisbarra.

No título Marqués de Fuentehoyuelo conservouse unha forma arcaica do topónimo.

É moi probable que teñan a súa orixe neste topónimo os apelidos de Hontiyuelo e Ontiyuelo.

Historia editar

A súa orixe data coma mínimo do século XI, momento no cal atópanse as primeiras referencias sobre a vila en códices do Arquivo da catedral de León, tales coma que na primeira metade do século XI foron doados os lugares de Fontihoyuelo e Gordaliza de la Loma polo rei Fernando I de ós irmáns Gutier e Munio Alfonso. Este último casou en segundas nupcias coa condesa Mumadonna, cedéndolle a cuarta parte da vila de Fontihoyuelo, pero ela en 1066 doouna á diocese de León xunto coa vila de Penilla.

Na Idade Media pertenceu á merindade de Carrión e foi lugar soarego da familia Cabeza de Vaca.

Nos anos 60 sufriu unha forte emigración, como toda a súa bisbarra principalmente ó País Vasco, Madrid, Valladolid e Asturias.

Xeografía editar

Localízase na bisbarra de Terra de Campos, no norte da Valladolid, pertence ó partido xudicial de Medina de Rioseco, na comunidade autónoma de Castela e León.

No seu termo municipal nace un afluente do río Valderaduei chamado río Navajos.

No 2010 tiña censados 36 habitantes aínda que o número de persoas residentes durante todo o ano é inferior, de igual xeito, esta cifra aumenta considerablemente no verán.

Monumentos editar

  • Igrexa barroca do Salvador.
  • Ruínas da igrexa de San Xoán.
  • Fonte de varios séculos de antigüidade.
  • Pombais que son unha mostra da arquitectura popular desta bisbarra.

Festas editar

O 18 de xullo celébrase a festa patronal en honra de Santa Mariña e báilase a tradicional redondilla en torno á igrexa. A mediados de agosto faise un voto a San Roque por libera-la vila da peste na Idade Media.

Economía editar

É unha vila eminentemente agrícola con 1630 Ha de terreo cultivable e tamén gandeira cunha explotación de bovino de leite e outra de ovino. Tamén ten unha casa rural chamada "El Braserillo".